A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no maratón de lectura da Fundación Eugenio Granell, que este ano está dedicado ao escritor Ramón MarÃa del Valle-Inclán. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, leu esta tarde un fragmento das ‘SonatasÂ’ de Valle-Inclán, autor polo que o artista surrealista sentÃa “unha especial admiración”, segundo informa a fundación.
A iniciativa, que se enmarca no obxectivo da Fundación Granel de contribuÃr á promoción da lectura, celebrouse na Alameda de Santiago de Compostela, xunto á imaxe de Valle-Inclán, e continuou na sede da entidade, no Pazo de Bendaña.
Respecto da elección das ‘SonatasÂ’ para a maratón de lectura, a fundación explicou que “o amor, tan importante para os surrealistas, é tamén o tema central da exposición ‘Amor, poesÃa y libertad. Eugenio GranellÂ’, que se pode visitar nas salas 2 e 3 do museo da fundación.
En 1975, o artista galego creou a súa obra ‘Don Ramón MarÃa del Valle-InclánÂ’, realizada en madeira, metal, tea e papel, e que forma parte dos fondos da fundación.
A Xunta promove a Feira do libro de Pontevedra 2013
O calendario das Feiras do Libro de Galicia chega a Pontevedra da man da Federación de LibrarÃas de Galicia e da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A cidade do Lérez acollerá unha nova edición da Feira do Libro de Pontevedra, recuperando asà un evento cultural que levaba nove anos sen celebrarse.
A mostra foi inaugurada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola presidenta da Federación de LibrarÃas, Pilar RodrÃguez; e polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no marco dun acto que contou coa actuación do grupo musical tradicional Os Alegres e tamén co espectáculo cómico-musical de Ratman & Bobyn.
No Paseo Odriozola propiciarase o encontro do público co libro galego e cos seus autores e autoras, pois á feira acudirán algúns dos principais protagonistas actuais das da literatura galega como son Santiago Lopo, Pilar MartÃnez, Manuel Portas, Fina Casalderrey, Pedro Feijóo, MarÃa Reimóndez ou Elena Gallego, entre outros.
Durante os vindeiros dÃas, aqueles que se acheguen á cita pontevedresa poderán gozar dalgunha das máis de 30 actividades programadas entre as que se inclúen presentacións, sinaturas de exemplares, contacontos, actuacións musicais e representacións escénicas.
Esta cita cultural é a cuarta das once que conforman o calendario oficial das Feiras do Libro de Galicia 2013, promovidas pola Federación de LibrarÃas de Galicia co apoio do goberno galego, dentro das liñas de apoio e difusión ao sector editorial e de fomento a lectura entre a cidadanÃa.
O listado de participantes nesta cita co libro e a lectura inclúe ás librarÃas Cao (Pontevedra), Cartabón (Vigo), Clip (Pontevedra), Cortizas (Ferrol), Cronopios Libros (Pontevedra), D-Lectum (Pontevedra), El Faro de los Tres Mundos (Lugo), Libros para Soñar (Vigo), Paz (Pontevedra), Pedreira (Santiago) e Seijas (Pontevedra). Asemade acoden á cita pontevedresa A Serpe Edicións, o Instituto Geográfico Nacional e a Deputación Provincial. A feira estará aberta ao público de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas durante a semana, e de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:30, o sábado e domingo.
A colaboración entre a Xunta e a Federación de LibrarÃas renóvase este ano co obxectivo de darlle un novo pulo a estes eventos como focos dunha variada oferta cultural para todos os públicos e como unha oportunidade de difusión da actividade do sector editorial. AsÃ, paralela á actividade das casetas, as Feiras do Libro 2013 contan cun completo programa de actividades culturais, artÃsticas e de animación de rúa, entre outras, para a dinamización de cada un dos eventos que percorrerán as catro provincias.
Unha edición máis, Cultura e Educación continúa a súa aposta por facer das Feiras do Libro un escaparate único para dar a coñecer as actividades do sector do libro galego, asà como para a difusión e o fomento do hábito lector entre a cidadanÃa e unha oportunidade para a unión e o intercambio de ideas entre os profesionais do libro. Neste sentido, cómpre lembrar que logo do seu paso por Pontevedra, as Feiras do Libro chegarán a Ourense (4 - 9 de xuño), Vigo (28 de xuño - 7 de xullo), Rianxo (25 - 27 de xullo), A Coruña (1 - 11 de agosto), Foz (17 - 20 de agosto), Viveiro (13 - 16 de agosto) e Monforte (22 - 25 de agosto).
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.