
A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da Revista Galega de Teatro, convoca o IV Certame de Banda Deseñada sobre teatro que este ano estará dedicado ao texto 2132: Exercicio para debuxantes intrépidos de Roberto Vidal Bolaño. Deste xeito, a RGT quere contribuír a homenaxear a figura deste dramaturgo e home de teatro total no ano en que se lle dedican as Letras Galegas.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo até o 31 de xullo para presentar a súa adaptación nunha única páxina do CAPÍTULO III da citada obra.
O autor ou autora do traballo gañador recibirá o encargo de adaptar o texto completo para a edición que a RGT realizará a finais do ano 2013.
Ademais da edición do traballo, o premio conta con unha dotación económica de 600 euros.
O texto, que foi editado no nº8 da RGT pode ser consultado tamén no blog e web da revista:
www.revistagalegateatro.com
http://revistagalegadeteatro.blogspot.com
Ao longo dos últimos anos, a colección de obras gañadoras do Certame de Banda Deseñada sobre Teatro Galego lanzada pola RGT conta coas seguintes publicacións:
- Doentes, de Brais Rodríguez (a partir da peza homónima de Roberto Vidal Bolaño).
- Hámster, de Diego Campos Omil (a partir da peza homónima de Santiago Cortegoso).
- Belicosario, de Juan Molina Fernández (a partir da peza homónima de Manuel Lourenzo).
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.