Notas de prensa

O Sergas reduce o tempo de agarda dos enfermos graves a 17 días

O presidente da Xunta afirma que con respecto ao inicio da pasada lexislatura, mellorouse en 23 días a rebaixa da lista de espera das patoloxías máis graves que, en 2009, estaban en 40 días.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou, na rolda de prensa do Consello, a diminución do tempo de espera dos enfermos con patoloxías máis graves, a 17 días, e con patoloxías graves, a 58 días, e garantiu o compromiso de seguir traballando por unha sanidade pública galega máis eficiente. “Estamos mellorando todos os indicadores de lista de espera tanto de cirurxía como de consultas e estamos mellorando o rendemento dos hospitais do Servizo Galego de Saúde”, aseverou, logo de agradecer ao persoal sanitario e non sanitario o “excelente traballo que están a facer e que fixeron no ano 2012”.

Deste xeito, e nun primeiro termo, o titular da Xunta destacou que, no eido das patoloxías máis graves, a espera media de todos os centros sanitarios a finais do ano 2012, é de 17,2 días e de 16 días de media, nos hospitais titularidade do Servizo Galego de Saúde. “É dicir, melloramos o obxectivo nun 40% con respecto ao obxectivo do Servizo Galego de Saúde que estaba en 30 días. Con respecto ao inicio da pasada lexislatura, melloramos en 23 días a rebaixa da lista de espera das patoloxías máis graves que, en 2009, estaban en 40 días”.

No tocante ás patoloxías graves, Feijóo subliñou que o tempo medio de espera sitúase en 58,1 días; “é dicir, reducimos un 27% a lista de espera con respecto ao principio da pasada lexislatura”.

Así mesmo, precisou que a demora media en consultas externas sitúase en 55 días, o que supón 10,4 días menos que no ano anterior. “Isto supón –engadiu- 34.900 pacientes menos en lista de espera nas consultas externas; é dicir, un 19% menos”.

O responsable do Goberno galego explicou, amais, que o número de intervencións realizadas nos hospitais do Servizo Galego de Saúde en xornada ordinaria foi de 112.542 en 2012, “o maior dato de intervencións cirúrxicas desde que o Servizo Galego de Saúde ten rexistros de información”; 22.500 intervencións máis que ao principio da pasada lexislatura.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-01-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES