
O humorista Carlos Blanco será o protagonista da velada do venres 28 de decembro en Meira xa que actuará nesta localicade organizado pola asociación cultural Eme de Meira. O espectáculo terá lugar na Casa da Cultura ás 21:30 horas e a entrada, ata completar aforo, terá un custe baixo,de 5 euros, destinados a sufragar as actividades culturais de Eme de Meira. Para esta finalidade, os membros da asociación tamén ofrecerán diferentes produtos de Eme de Meira, como camisetas ou bolígrafos de material reciclado co logotipo da asociación, e un servizo de bar na cafetería da Casa da Cultura con prezos populares.
Esta é a segunda vez que Carlos Blanco actúa en Meira, xa que o Nadal do ano pasado tamén estivo nesta localidade, conseguindo encher a Casa da Cultura de Meira ata a bandeira, algo que seguramente se repita nesta ocasión tendo en conta a expectativa que xera a presenza deste recoñecido humorista xunto ás datas nas que se celebra e tamén o asumible do prezo da entrada.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.