O auditorio do Museo do Mar de acolle o venres 14 de decembro a partir das 19:00 h. a presentación do CD Guitarra Clásica Galega do tudense Samuel Diz. Este traballo discográfico, que describe un percorrido pola nosa tradición guitarrística até o presente, foi editado polo selo Ouvirmos e contou coa colaboración da Consellería, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Cultura.
Guitarra Clásica Galega ofrécenos unha viaxe musical que nos leva da tradición á modernidade, desde o universo sonoro dos anos 20 no exilio cubano até a nova xeración de compositores galegos deste incipiente século XXI. Recuperando así para todos os afeccionados e melómanos un patrimonio musical pouco estudado, pero notablemente rico.
O disco, que incorpora pezas cun variado abano estilístico e formal, supón un punto e seguido no traballo a prol da recuperación da verdadeira entidade deste instrumento na tradición musical galega. Cómpre destacar neste sentido que se trata dun dos primeiros esforzos da posta en valor dun repertorio case inédito e dunha homenaxe á guitarra galega a través da recompilación de dezaseis pezas, todas elas fundamentais dentro do repertorio guitarrístico do país.
En palabras do musicólogo Leopoldo Neri: Este crisol caleidoscópico de pezas para guitarra, tan esplendidamente interpretadas polo tudense Samuel Diz, desvélanos un íntimo e sensual espazo da historia musical galega (sendo un primeiro paso na recuperación da tradición guitarrística da dita rexión) e, á vez, o vigor compositivo dos nosos días.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.