As empresas editoriais galegas presentaron as súas novidades no marco da Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México) co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores (AGE) participaron, desde o pasado 24 de novembro ata hoxe, neste encontro de referencia internacional no mundo do libro cun stand que serviu de escaparate para amosar a produción editorial dun total de 12 empresas: Editorial Linteo, Editorial Ideas Propias, Kalandraka Editora, Biblos Clube de Lectores, Ediciones del Viento, Alvarellos Editora, OQO Editora, Everest Galicia, Editorial El Patito, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e MCSport.
Esta participación na Feira do Libro de Guadalajara enmárcase no apoio da Secretaría Xeral de Cultura á proxección exterior do sector editorial galego, unha liña na que tamén se inclúe a participación na Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña, en marzo de 2012, e na Feira Internacional de Bos Aires, o pasado mes de abril.
Coa presenza de Galicia nas citas esenciais para o sector editorial o obxectivo da Consellería é impulsar a competitividade da literatura galega no mercado exterior, de apoiar os creadores e de fomentar a innovación á hora de editar, distribuír e promover o libro e a literatura galega fóra das nosas fronteiras.
Oportunidade comercial
Coa súa participación nas feiras internacionais do libro, os profesionais do sector teñen a oportunidade de estreitar lazos e de favorecer acordos comerciais con editores e distribuidores de numerosos países americanos. Na pasada edición de 2011 pasaron pola Feira Internacional do Libro de Guadalajara 659.898 persoas, 1.935 editoriais de 43 países, 17.800 profesionais do sector e 188 axentes literarios.
No que atinxe ao público xeral, constatouse o peso das comunidades galegas do exterior. De feito, o expositor de Galicia recibiu numerosas visitas de descendentes de galegos na diáspora, interesados en coñecer de primeira man a produción editorial da terra dos seus pais e avós.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.