Notas de prensa

O mercado Ventana Sur fomenta o audiovisual galego en Latinoamérica

As compañías Produtora Cinematográfica Galega, Xamalú Films, TV Siete, Formateo S.L. e Ficción Producciones establecerán contactos cara a coproducións, novos formatos de traballo e comercialización no mercado Ventana Sur de Buenos Aires, que fomenta a proxección do audiovisual galego en Latinoamérica.

A Xunta de Galicia promove a participación do audiovisual galego no mercado Ventana Sur, que se celebra ata o 3 de decembro en Bos Aires, mediante o apoio á presenza neste encontro de cinco empresas produtoras que procurarán iniciativas de negocio a través do contacto con outras compañías, axencias de vendas e distribuidoras de toda a área latinoamericana.

Nós Produtora Cinematográfica Galega, Xamalú Films, TV Siete, Formateo S.L. e Ficción Producciones compoñen, xunto á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), a delegación galega desprazada en misión comercial á capital arxentina.

A acción forma parte do plano de internacionalización do audiovisual galego da Consellería de Cultura e Educación, que conta co apoio económico do Igape, ao abeiro do acordo establecido con este organismo da Consellería de Economía e Industria.

Os representantes das produtoras audiovisuais galegas establecerán deste xeito contactos de cara á coprodución de proxectos, busca de novos formatos de traballo e comercialización de producións. Pola súa banda, a Xunta de Galicia desenvolverá actividades institucionais de cara a reforzar as relacións con organismos oficiais e cos distintos festivais de cine que estarán representados.

Ademais, durante a celebración do mercado difundirase o catálogo Films from Galicia, que recolle as últimas producións e os proxectos máis inmediatos do audiovisual galego, así como a publicación Ways to Film, realizada para a promoción exterior de Galicia como escenario de rodaxe.

Mercado de referencia

Ventana Sur é o mercado de cine latinoamericano de referencia, promovido polo Instituto Nacional de Cine Arxentino (INCAA) en colaboración co Marché du Film de Cannes e o programa MEDIA da Unión Europea. Desde a súa fundación en 2009, cada ano congrega 1.800 profesionais do sector, 300 deles acreditados como compradores procedentes dos cinco continentes.

Ademais de actividades de carácter comercial e do establecemento de relacións profesionais estratéxicas para o desenvolvemento de futuros proxectos, o encontro ofrece a oportunidade de asistir a talleres, mesas redondas, master class e conferencias que contan coa participación de expertos de prestixio internacional.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-11-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES