O Centro de Artesanía e Deseño é un espazo aberto a todos os lucenses e proba diso á a exposición fotográfica que estes días ocupa as instalacións do Pavillón 4 do CENTRAD, na capital luguesa. Pel con pel, que así se chama esta mostra, está composta por corenta instantáneas que retratan a nais no íntimo momento de amamantar ós seus fillos. As imaxes están acompañadas de textos e poemas de escritores e escritoras galegos.
Unha mostra itinerante que leva dende o 2010 percorrendo a xeografía galega. Nacida grazas á colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Federación Galega de Grupos de Apoio á Lactación Materna (Fedegalma) e a editorial Galaxia. As fotografías que compoñen Pel con pel motivaron o interese desta editorial galega, que quixo recoller nun libro estas imaxes, gañadoras e participantes no II Concurso de Fotografía sobre Lactación Materna organizado por Fedegalma. Tal e como a editorial presenta a obra Pel con pel nace dun entusiasmo, como case que todas as cousas importantes nesta vida: un mollo de escritores e escritoras unidos pola palabra e a fotografía, nais e fillos e fillas e o universo todo concentrado nunha boca que chucha.
A asociación Bico de leite é un colectivo lucense nado no 2005, que reúne a un grupo de nais voluntarias que dan apoio coa lactancia materna a todas as mulleres que o necesiten. Tamén se encargan de organizar outras moitas actividades que serven de excusa para compartir experiencias en torno á maternidade. As súas accións esténdese por toda a provincia.
Pel con pel poderá visitarse nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño ata o vindeiro día 30 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.