A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actualiza o seu boletín electrónico de novidades de Cultura para ofrecer un servizo de comunicación adaptado aos novos formatos, con recursos de interese para a cidadanía. Desde hoxe, a través da Secretaría Xeral de Cultura, pon en marcha este soporte renovado que ofrece contidos da actualidade cultural a través de diversas seccións.
O boletín envíase cunha frecuencia semanal, os xoves, aos enderezos electrónicos das persoas que están dadas de alta neste servizo informativo. No sitio web http://cultura.xunta.es está accesible o formulario de subscrición para recibir o boletín.
Propostas para o lecer
Co obxectivo de difundir a programación cultural que se promove en Galicia e de favorecer a participación da cidadanía, o boletín inclúe unha axenda semanal con exposicións, concertos, funcións teatrais, espectáculos de danza, actividades de dinamización á lectura, sesións de cine ou recitais, así como tamén obradoiros, festivais, seminarios, cursos etc. vinculados cos diversos ámbitos da cultura que se realizan nas catro provincias galegas.
Ademais da oferta cultural, o boletín achega unha selección das principais noticias da semana arredor da actividade cultural da Consellería, con información dos seus museos, bibliotecas e arquivos, das actuacións realizadas para a conservación e posta en valor do patrimonio, das iniciativas impulsadas para promover as industrias culturais galegas, dos espectáculos do Centro Dramático Galego e do Centro Coreográfico Galego ou da actividade que leva a cabo a Cidade da Cultura de Galicia.
Convocatorias públicas
Os contidos de axenda e de novas complétanse con información de interese sobre as convocatorias públicas máis recentes realizadas pola Consellería sobre temas culturais, tales como subvencións, bolsas de formación ou premios. Así mesmo, a través deste apartado podemos coñecer as novidades en materia legal que se publican no Diario Oficial de Galicia. Ademais, esta nova canle de información tamén ofrece a posibilidade de acceder directamente aos espazos que o departamento de Cultura da Xunta de Galicia ten dispoñibles nas redes sociais.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.