A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Fundación Laxeiro na realización do ciclo de conferencias Laxeiro e Os Renovadores das vangardas históricas galegas, unha iniciativa que se desenvolve durante os martes do mes de novembro na facultade de XeografÃa e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A facultade da USC acolleu a presentación do ciclo en rolda de prensa, que contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen se referiu á iniciativa como “unha excelente oportunidade para afondar na herdanza do grupo dos Renovadores, para comprender mellor a identidade da arte galega no século XX e para reflexionar sobre a pegada que deixou na nosa cultura esta xeración de creadores e de intelectuais, impulsores dunha nova arte que situou a Galicia no panorama artÃstico da contemporaneidade”.
No acto de presentación, Anxo Lorenzo estivo acompañado polo vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación da USC, Francisco Durán; polo director xeral e mais polo director artÃstico da Fundación Laxeiro, Carlos GarcÃa-Suárez e Javier Pérez Buján, respectivamente; asà como polo director do ciclo, o profesor José Manuel B. López.
Achegamento ao mundo artÃstico dos Renovadores
A iniciativa, dirixida especialmente a estudantes de historia da arte, belas artes, humanidades e xornalismo, a profesores de ensino secundario e a afeccionados á arte en xeral, pretende un achegamento transversal á obra dos Renovadores, creadores e intelectuais galegos como Carlos Maside, Laxeiro, Rafael Dieste, Isaac DÃaz Pardo, LuÃs Seoane e Colmeiro, entre outros, que fixeron posible a entrada da arte galega na contemporaneidade, demostrando, ademais da vixencia do seu legado, a riqueza dunha arte que estaba anovando en consonancia co acontecer internacional do momento.
Para isto, o ciclo conta con relatorios impartidos por diversos expertos na materia que contribuirán a ampliar a análise deste movemento a elementos pouco tratados no seu conxunto en relación coa obra dos Renovadores, como son o contexto internacional das vangardas históricas, as influencias da arte medieval que os Renovadores asumiron como propias ou a faceta antropolóxica do nacemento desta arte anovadora.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.