A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Fundación Laxeiro na organización do ciclo de conferencias Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega, que se celebrará en Santiago de Compostela durante todos os martes do mes de novembro. Esta iniciativa ten como obxectivo achegalle á cidadanÃa a obra dos Renovadores a través dunha contextualización histórica e unha análise transversal, para asà comprender mellor a importancia do legado dos que protagonizaron os inicios da cultura galega do século XX.
Co apoio da ConsellerÃa a través da SecretarÃa Xeral de Cultura, o ciclo reunirá un nutrido grupo de historiadores e expertos en Laxeiro, Colmeiro, Luis Seoane, Rafael Dieste, Carlos Maside, Arturo Souto, entre outros, para analizar o contexto histórico no que, a principios do século XX, aquel grupo de mozos traballaron para poñer a cultura e arte galegas á altura do que acontecÃa no panorama internacional do momento.
Para iso, propóñense unha serie de relatorios impartidos por diversos expertos en cuestións concretas da historia e da arte que amplÃen a análise deste movemento a elementos que quizais nunca se trataron no seu conxunto en relación coa obra dos Renovadores, como son o contexto internacional das vangardas históricas, as influencias da arte medieval que Os Renovadores asumiron como propias ou a faceta antropolóxica do nacemento desta arte anovadora.
Deste xeito, grazas ás achegas de todos os expertos que participan neste ciclo, conseguirase completar unha análise dos Renovadores que, sen dúbida, axudará a comprender o seu legado e, tamén, a realidade actual das nosas artes.
MatrÃcula
A iniciativa, coordinada polo catedrático e doutor de Historia da Arte José Manuel B. López Vázquez, está dirixida especialmente a estudantes de Historia da Arte, Belas Artes e Humanidades, profesores de ensino secundario, periodistas e afeccionados á arte en xeral. As conferencias serán os martes 6, 13, 20 e 27 do mes de novembro, de 18.00 a 21.00 horas na facultade de XeografÃa e Historia de Santiago de Compostela. As prazas son limitadas e o prazo de matrÃcula expira o 31 de outubro. Para máis información, contactar coa Fundación Laxeiro en fundacion@laxeiro.es
Expertos historiadores
Os relatorios serán impartidos por expertos como a doutora MarÃa Antonia Pérez, profesora da Universidade da Coruña, quen falará sobre Rafael Dieste e o seu labor como teórico dos Renovadores; o doutor José Manuel GarcÃa Iglesias, profesor titular da Universidade de Santiago, quen fará unha interesante intervención que conectará o gótico coa vangarda histórica galega; ou o doutor Antonio Garrido, quen falará da figuración na arte internacional de entreguerras.
Doutra banda, o profesor Carlos López Bernárdez, contextualizará o traballo da nosa vangarda histórica no panorama internacional da época; a doutora MarÃa Luisa Sobrino falará de tradición e vangarda na Galicia do primeiro terzo do século XX; o propio director do curso, Xosé Manuel B. López Vázquez, construirá un interesante fÃo de continuidade entre o Goya das pinturas negras e a nosa vangarda histórica; e o doutor Antón Castro, profesor da Universidade de Vigo que analizará o compoñente antropolóxico da obra de Laxeiro.
Orixe, contexto e transcendencia
O grupo coñecido como Os Renovadores da nosa vangarda histórica irrompe no primeiro terzo do século XX convulsionando a nosa arte e a nosa cultura, cun proxecto de construción dunha estética propia que, por unha banda, conecta Galicia coa realidade internacional e, por outra, rexeita unha mirada folclorista da nosa cultura.
A coincidencia no tempo dunha xeración extraordinaria de creadores e intelectuais galegos, como Carlos Maside, Rafael Dieste, Laxeiro, Isaac DÃaz Pardo, Luis Seoane, Manuel Colmeiro e outros, propiciou unha revolución estética e intelectual moi acorde coas actitudes aperturistas e cosmopolitas da II República española, nun contexto que derivou cara a unha uniformización cultural, como consecuencia das circunstancias polÃticas posteriores á Guerra Civil.
O ciclo de conferencias pretende un achegamento á obra dos Renovadores desde a contextualización histórica e desde unha análise transversal, para comprender o legado dos que protagonizaron os inicios da cultura galega do século XX.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.