A SecretarÃa Xeral para o Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, participa na vixésimo cuarta edición da feira-salón de turismo internacional Tourisme Voyages de Montreal.
O Xacobeo acude cun mostrador especÃfico dentro do stand de Turespaña onde ademais de proporcionar información e promocionar os Camiños de Santiago se ofrecerá material promociónal de Galicia como destino turÃstico.
É o cuarto ano consecutivo que os técnicos do Xacobeo acoden a esta feira, dirixida aos profesionais do turismo e ao público en xeral. A presenza de eventos promocionais do Camiño de Santiago no paÃs norteamericano ten producido un incremento constante dos peregrinos procedentes de Canadá, particularmente da súa parte francófona.
Mentres que no Ano Santo de 2010 Canadá ocupou o duodécimo lugar do ranking con 1.877 peregrinos que obtiveron compostela e supuxeron un 0,89% do total, no pasado ano 2011 a cifra de peregrinos canadianos ascendeu á décima posició, rexistrando 2.362 camiñantes, un 1,29% do total.
Espérase que durante esta fin de semana visiten a feira 35.000 visitantes que poden percorrer os stands e recompilar información dos 250 destinos que presentan un cento de paÃses participantes no evento. Segundo os organizadores, o 97% do público acude á feira co propósito de realizar unha viaxe nos seguintes doce meses e o 44% contrata a viaxe durante a mostra. No recinto feiral, situado na Place Bonaventure, haberá tamén durante estes dÃas, entre outras cousas, conferencias e congresos, unha mostra internacional de cultura e folklore con representacións continuas nun espazo especÃfico e demostracións de cociña internacional baixo o nome de Cociñas do Mundo.
Exposición sobre o Primeiro Itinerario Cultural Europeo en Australia
Tras permanecer durante todos os meses de verán na cidade australiana de Sydney, onde acadou gran éxito de público, a mostra do Xacobeo Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo itinera á cidade de Melbourne, onde poderá visitarse dende hoxe no Goethe-Institut Australien.
A Alliance Française, o Instituto Italiano di Cultura, o Instituto de Cultura Europeo, a Embaixada de España en Australia, o Consulado Xeral de España en Melbourne e a ConsellerÃa de Educación da Embaixada Española en Australia, asà como o instituto cuxa sede acolle a exposición colaboran co Xacobeo neste proxecto expositivo composto por un audiovisual e 52 fotografÃas dos artistas monfortinos Manuel Valcárcel e Alexandre González. O ano pasado esta mostra itinerante xa estivo nas cidades de Bucarest, SofÃa, Zagreb, Santiago e ParÃs.
O plan de promoción do Xacobeo en Australia trata de responder ao enorme interese que as peregrinacións xacobeas espertan nese paÃs. O Ano Santo 2010 percorreron o Camiño de Santiago 1.191 peregrinos australianos e o ano pasado a cifra xa ascendeu a 1.352, fronte aos 480 rexistrados no Ano Santo 2004.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.