Unha delegación do Ministerio de Turismo israelí visitou as instalacións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Secretaría de Turismo da Xunta de Galicia, onde foron recibidos polo xerente da sociedade José Paz Gestoso. A delegación israelí visita Galicia na procura de asesoramento e colaboración para a promoción dunha ruta relixiosa en Israel coñecida como The Gospel Trail -A Ruta do Evanxeo-.
Os representantes israelís Uri Sahron, responsable do departamento de Turismo Relixioso do Ministerio de Turismo de Israel en Xerusalén, e Dolores Pérez, directora da Oficina Internacional Israelí de Turismo para España e Portugal. Durante todo o día de hoxe día manterán diversas reunións e mesas de traballo con técnicos do Xacobeo. Mañá trasladaranse ao poboado do Cebreiro e durante todo o día visitarán lugares emblemáticos do Camiño, así como monumentos, albergues e establecementos de turismo rural representativos ao longo do Camiño Francés ata rematar o percorrido no Monte do Gozo, en Santiago. Nesta viaxe irán acompañados por técnicos do Xacobeo.
O motivo da visita é aprender da experiencia galega na promoción, mantemento e desenvolvemento do Camiño e establecer un protocolo de colaboración entre ambas vías de peregrinacións que recolla ideas como a de crear oportunidades de intercambio cultural en base ás figuras de Xesús e o apóstolo Santiago, intercambiar información para canalizar posibles inversións de turismo, cooperar na promoción das rutas e estudar actividades conxuntas a nivel global que beneficien ás dúas peregrinacións.
A Ruta do Evanxeo
The Gospel Trail a Ruta do Evanxeo- é unha rede integrada de camiños que dende Monte Precipicio, nas aforas do sur de Nazareth, chega a Cafarnaún, na costa do Mar de Galilea. A ruta foi inaugurada o pasado ano polo Ministerio de Turismo Israelí coa idea de recuperar unha antiga ruta relixiosa e cultural. Transcorre a través das paisaxes naturais que foron o fogar de Xesús e onde tiveron lugar e inspiraron as súas ensinanzas e parábolas. A Ruta anima aos viaxeiros a seguir os pasos de Xesús. Segundo palabras do Director xeral do Ministerio de Turismo Israelí, Noaz Bar Nir, a Ruta do Evanxeo marca a transformación da Cristiandade do provincial ao universal e esta idea pode ser a base para conectar a santidade da Terra Santa con Santiago de Compostela como o máis importante lugar de peregrinación de Europa.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.