
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sumouse aos os actos de conmemoración do centenario de Francisco Añón que se celebraronna localidade de Outes, terra natal do poeta. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nas iniciativas promovidas polo Concello de Outes para homenaxear o poeta Francisco Añón cando se cumpren os douscentos ano do seu nacemento; iniciativas dixo que a Xunta de Galicia acolle e apoia con entusiasmo por promoveren un maior coñecemento social dos nosos autores e dos momentos máis relevantes da construción da nosa historia cultural.
O congreso desenvolvido na Cidade da Cultura de Galicia permitiu afondar no estudo da achega poética e vital de Francisco Añón e as diferentes homenaxes que se veñen desenvolvendo estes días en Outes permiten recuperar esta figura na memoria dos seus habitantes, dixo o secretario xeral.
Recuperación de figuras singulares
O representante da Consellería tamén asegurou que estas celebracións arredor de momentos que marcaron pasos decisivos do avance cultural de Galicia e da recuperación dun status para a nosa lingua constitúen un conxunto de pingas do noso pasado traídas á actualidade, que nos axudan a recuperar para o presente a referencia das nosas figuras e obras máis singulares da nosa historia.
Xunto co secretario xeral tamén interviron no acto o alcalde de Outes, Carlos López Crespo; o secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Elvira Padín, e o coordinador dos actos de homenaxe, Xoán X. Mariño.
As celebracións arredor do bicentenario de Añón comezaron coa inauguración dunha placa conmemorativa da efeméride. A continuación tivo lugar o acto de entrega do retrato de Francisco Añón por parte do pintor Alfonso Costa ao Concello de Outes. A intervención das das autoridades presentes e unha ofrenda floral ao poeta diante do seu monumento na Casa do Concello completaron os actos de homenaxe.
Ademais de colaborar co Concello de Outes na realización do congreso sobre Francisco Añón que se realizou na Cidade da Cultura os días 4 e 5 de outubro, a Secretaría Xeral de Cultura apoiou a publicación de Vida e obra de Francisco Añón, un volume da autoría de Ramón Blanco que acaba de publicar a Editorial Galaxia e que nace coa vontade de difundir a achega literaria e lingüística do poeta no conxunto da sociedade.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.