Notas de prensa

Presentouse en Betanzos o libro Ricardo Núñez, o emperador da simpatía

Editado con motivo da Semana de Cine de Autor de Lugo de 2012, o libro Ricardo Núñez, o emperador da simpatía, de Manuel Curiel, presentouse tamén en Betanzos, terra natal do director e produtor cinematográfico.

O xoves 4 de outubro celebrouse en Betanzos o acto de presentación do libro
RICARDO NÚÑEZ, O EMPERADOR DA SIMPATÍA, de Manuel Curiel Fernández,
editado con motivo da pasada Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

O libro sobre o actor, director e productor cinematográfico nado en Betanzos, foi editado pola Deputación Provincial de A Coruña, que organiza
esta presentación, que se celebrou no Centro Internacional do Gravado (Fundación Ciec), de Betanzos, ás oito do serán.

Na presentación interviñeron Pedro Galilea, director da Fundación Ciec; Mariel Padín Fernández, Vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña; o autor do libro, Manuel Curiel e o Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz.

Na Fundación Ciec, así mesmo, exponse a Mostra sobre a vida e obra do cineasta betanceiro, que Fonmiñá ofreceu aos lucenses durante a Semana de Cine no Refectorio do Museo provincial de Lugo.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, 2012-10-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES