A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a celebración do V Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que se desenvolverá do 5 ao 20 de outubro na cidade das Burgas coa participación de 14 compañías de distintos xéneros e procedencias. Teatro de rúa, danza, teatro contemporáneo, clown e tamén música conforman o abano de propostas que acollerá a cita ourensá, protagonizada este ano por 5 grupos galegos e outras 9 formacións doutras comunidades españolas, Europa e Latinoamérica.
Organizado pola compañía Sarabela e dirixido por Ánxeles Cuña, o FITO é un dos festivais máis importantes, por traxectoria e contidos, do circuíto de exhibición galego. O director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Juan Carlos F. Fasero, participou hoxe en representación da Consellería de Cultura e Educación na rolda de prensa do certame, na que explicou que o FITO é un dos 8 eventos escénicos subvencionados este ano a través da nova convocatoria pública de axudas a festivais, pola que este ano resultaron beneficiados outros 15 festivais de música e á que se destina un importe global próximo aos 350.000 euros. En concreto, o FITO resultou adxudicatario dunha subvención de 20.100 euros.
O director da Agadic, que compartiu o acto con Ánxeles Cuña; María Lameiras, vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo; Olga Mojón, directora do Teatro Principal de Ourense; e Margarita Martín, alcaldesa en funcións de Ourense; destacou o esforzo que realizan as distintas administracións públicas xunto á compañía sarabela para continuar cos niveis de calidade do FITO, ao tempo que fixo un chamamento á cidadanía para que consuma cultura e acuda ao teatro.
Teatro galego emerxente
O FITO 2012 amosará os últimos espectáculos de cinco compañías galegas, seleccionadas polos organizadores por tratárense de formacións emerxentes que achegan novos estilos e poéticas. Trátase de Voadora, que escenificará Tokio 3; Il Maquinario, que representará O home almofada; Demolicións Ferreira & Cía, con Edison, ou as mil demostracións de cómo non facer unha lámpada eléctrica; Ibuprofeno Teatro con A filla de Woody Allen e Inversa Teatro con Kamouraska.
Tamén figuran na carteleira outras 8 compañías de fóra de Galicia, como son Teatro Tascábile de Bérgamo (Italia), Julio Adreãu (Brasil), Granhoj Dans (Dinamarca), Malayerba (Ecuador), Goliardos (Madrid), Mamafloriana e Kamikaze/Carmen Machi (Madrid), Teatro los lunes (Madrid) e o cómico francés Patrice Thibaud, que pechará o festival o sábado 20 co seu espectáculo Cocoricó. Completa a programación o concerto Estou lá. Músicas da lusofonía, a cargo do grupo de artistas internacional que integran João Afonso, Eneida Marta, Najla Shami, Couple Coffe, Xoán Curiel, S.Sales, P. Silva e P. Vidal.
As funcións terán lugar no escenario e na Sala Azul do Auditorio Municipal, no Teatro Principal, na Sala Multiusos do campus universitario e noutros emprazamentos ao aire libre.
Ademais das actuacións artísticas, o FITO 2012 ofrece o curso titulado O actor no solo narrativo, que o profesor Julio Adrião impartirá do 8 ao 11 de outubro; así como a presentación do último número da Revista Galega de Teatro o xoves 18.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.