
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá o mes de outubro o I Encontro Ibérico de Casas Museos, unha iniciativa que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación, a través da Secretaría Xeral de Cultura. Será neste marco onde se materializará a constitución da Asociación Ibérica das Casas Museo de Escritores, unha iniciativa pioneira que integrará entidades de Portugal e do conxunto do Estado español.
Segundo explicou en rolda de prensa o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, esta iniciativa nova nace coa pretensión de ampliar a difusión dos escritores e das súas obras no ámbito ibérico e de favorecer o intercambio de experiencias e o diálogo entre as casas museo e as fundacións de autor dos dous países.
O secretario xeral estivo acompañado no acto de presentación pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; polo técnico de Cultura e membro da Xunta de Goberno da Asociación de Casas Museos e Fundacións de Escritores (ACAMFE) Antonio Piñeiro e mais polo actual presidente da Fundación Curros Enríquez Casa dos Poetas, Antonio Mouriño.
Maior proxección para os nosos escritores
Constitúe para nós dixo o secretario xeral unha honra que sexan as casas museo de Galicia, escaparates e espazos de preservación e estudo dos nosos mellores escritores, as que lideren esta iniciativa. Tamén destacou que acoller en Galicia, e particularmente na Cidade da Cultura, a constitución da primeira asociación que une as casas museo de Portugal e do conxunto do Estado, contribuirá tamén a reforzar o papel activo das nosas casas museo e, en consecuencia, a unha maior proxección dos nosos escritores xa clásicos.
Antonio Piñeiro informou de que a ACAMFE leva dous anos traballando, en colaboración coas casas museo de Portugal, para poder materializar a constitución da asociación. Respecto do encontro, indicou que nestes momentos está confirmada a participación de preto de 50 entidades.
Nesta ampliada perspectiva ibérica no plano da difusión cultural vai ter lugar do 9 ao 13 de outubro o I Congreso Ibérico de Casas Museo, un primeiro punto de encontro das casas museo dos dous países, que terá como sedes as cidades de Santiago de Compostela, Vila Nova de Famalicão e Guimarae͂s e que contará co apoio e co acompañamento institucional da Consellería de Cultura e Educación.
Diversos relatorios, roteiros literarios e visitas a espazos culturais, entre outras actividades, conformarán o programa do encontro, no que estarán representandas entidades e institucións como o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega ou a Casa Museo de Rosalía de Castro.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.