
A fotógrafa de moda Sue Rainbow, baixo a dirección artística de Paco Gallego, buscaron retratar aquela parte da personalidade destas e estes intérpretes que normalmente se esconde á hora de presentarse ante o seu público subido a un escenario. A exposición poderá ser visitada ata o 13 de outubro.
Na exposición participa xente tan variada como Roi Casal,Cardigan Bridge, Linda Guilala, Jacobo Paz & Dous Mundos, The Cornelius, Plus Lottus, The Gone&Lost, When Nalda Became Punk,Carlos Bau, Baldosa Amarilla, Los 22, YUL, Embora, La Sombra,Bristol, Mónica de Nut, Sabdios, Zaro Arte en Tinta ou Liviao doMarrao. A dirección do hotel puxo a disposición dos responsables de MusiCalidades tres cuartos dobres e unha suite Premium, todas situadas na primeira planta. Se tivesen visto o que sucedía dentro de cada unha delas, quen sabe se se tería levado adiante esta iniciativa.
Pop, rock, jazz, blues, metal, alternativa...todo tipo de estilos e bandas que interpretan a súa música en diferentes idiomas. Mónica de Nut, Cardigan Bridge, Linda Guilala, Carlos Bau (gañador do Premio Nacional da Música 2010 ao mellor tema en galego), Baldosa Amarilla (premio do público ao mellor videoclip no Festival de Cans2012)....Jacobo Paz& Dous Mundos.. Bristol,Cornelius...YUL...bandas e artistas emerxentes de toda a xeografía galega.
As imaxes, unhas 63 en total, algunhas das cales xa se converteron na imaxe referencia da banda ou artista, poderanse ver por vez primeira en Galicia entre o 14 de setembro e o 13 de outubro no Centro Cultutral e Social Ágora. A propia tarde da inauguración celebrarase no vestíbulo do Centro Ágora un concerto que contará con artistas como Roi Casal, Cardigan Bridge, Mónica de Nut, Jacobo Paz, YUL, Carlos Bau, Linda Guilala, Sabdios, The Gone&Lost e algunha sorpresa máis.
MusiCalidades contará con diversas actividades que converterán esta exposición en todo un fenómeno vivo, proactivo e interactivo. Todas estas actividades estanse a difundir a través da páxina deFactbook de Centro ágora, así como do evento inaugural.
Así mesmo, existe unha lista de reprodución de youtube onde se están a subir diferentes clips promocionais protagonizados polas/os artistas, así como os making-of destas fotos.
Concerto (o concerto MusiCalidades é totalmente gratuíto)
A inauguración inclúe un concerto único, pois nel se reunirá unha mostra de artistas de todo tipo de estilos que nunca coincidiron nun escenario e que probablemente nunca o farán, fóra dos concertos organizados por esta exposición.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.