
Nun acto celebrado no salón de actos da Deputación Provincial de
Lugo, foi presentada a XXXIV edición da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, coa colaboración da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Universidade de Santiago-Campus de Lugo, Fundación Caixa Galicia e Galicia Digital. Tamén colabora nesta edición a Deputación Provincial da Coruña.
No exterior da Deputación situouse o furgón que anunciará a Semana,
rotulado co cartel anunciador e publicidade desta celebración, e o grupo
de teatro Achádego puxo en escea unha creación teatral na que o cineasta
Garci efectuaba un casting de actores para este evento cinematográfico.
Este grupo efectuará diversas montaxes relacionadas co cine no decurso da
Semana.
Xa no interior do edificio efectuaron a presentación o deputado Mario
Outeiro, pola Deputación; Antón Bao, primeiro Tenente de Alcalde polo
Concello de Lugo, José Carlos Andina, Xefe provincial de Cultura pola
Xunta de Galicia; María José Fernández, pola Fundación Caixa Galicia, e os
membros de Fonmiñá Manuel Curiel (Director da semana de cine) e Xulio Xiz
(Pesidente do Grupo).
A Semana, que se celebrará do 17 ao 22 do presente mes, comprende a
proxección de trinta e catro películas e corenta curtametraxes, cun
presuposto de arredor de 85.000.
Na programación figuran os habituais CICLO INFANTIL, O MELLOR DO ANO,
SECCIÓN OFICIAL LONGAMETRAXES, SECCIÓN OFICIAL CURTAS, e ciclos especiais dedicados a CINE E RADIO, Y PARA COMER LUGO e Homenaxe ao actor betanceiro RICARDO NUÑEZ. A sede oficial da Semana é o Auditorio municipal Gustavo Freire, pero tamén se efectuarán proxeccións na Biblioteca Provincial, Museo Provincial e Vicerreitorado da Universidade.
Con motivo do ciclo CINE E RADIO, tres profesionais lucenses pronunciarán cadansúa conferencia sobre as súas experiencias radiofónicas: PACO NIETO, CHEMA LOPEZ LOSADA e TONINA GAY. E, no traballo emprendido hai xa anos por Fonmiñá, de rescatar figuras esquecidas do cine relacionado con Galicia, editarase un libro homenaxe ao actor RICARDO NUÑEZ -que tamén serán presentado en A Coruña e Betanzos-, proxectarase un ciclo de películas e na sala do Museo Provincial abrirase unha exposición sobre a súa vida e obra. Así mesmo, con motivo da semana, inaugurarase na Biblioteca Provincial de Lugo unha mostra antoloxíca de fotografías de Toñi Fernández Ónega, socio de Fonmiñá recentemente falecida.
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.