
A exposición sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia hoxe a segunda etapa da súa itinerancia. Faino na Biblioteca Pública de Pontevedra, onde as persoas interesadas se poderán achegar á vida e á obra do escritor a través dos cinco paneis multimedia que conforman a mostra.
Logo do seu paso por diversos centros educativos de toda Galicia entre os meses de abril e xuño de 2012, a Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral de Política Lingüística retoman a itinerancia desta exposición para favorecer o coñecemento entre a cidadanía do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012. Con este obxectivo, a mostra percorrerá as catro provincias galegas desde setembro ata xaneiro de 2013.
Un percorrido polas catro provincias galegas
As bibliotecas nodais de Santiago de Compostela (desde o 18 ata 31 de setembro), de Lugo (entre o 2 e o 14 de outubro) e da Coruña (desde o 16 ao 29 de outubro) serán as próximas paradas da exposición, que tamén se poderá visitar no Espazo Xoven de Ourense, do 1 ao 14 de novembro, e, finalmente, no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a partir do 15 de decembro e ata o 19 de xaneiro.
Textos e audiovisuais para afondar na figura de Paz-Andrade
Cinco paneis con textos explicativos sobre as diversas facetas de Valentín Paz-Andrade conforman esta exposición. Ademais, cada un deles inclúe audiovisuais nos que diferentes coñecedores da traxectoria do escritor amosan a súa visión sobre Paz-Andrade, entre os que se encontran o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o xornalista e escritor Tucho Calvo e o filólogo Gregorio Ferreiro.
Esta exposición itinerante sobre Valentín Paz-Andrade forma parte das diversas iniciativas que a Xunta de Galicia programou durante este ano para celebrar o Día das Letras Galegas 2012.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.