
No acto de inauguración participaron o Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro; o responsable de Cultura do municipio, Mauricio Espil; o Presidente do Consello Deliberante de General Pueyrredón, Ariel Ciano; o Vicecónsul de España en Mar del Plata, Fernando García Navarro; o presidente do Centro Galego de Mar del Plata, Francisco Solla, entre outros representantes da colectividade española da cidade, membros da corporación local e público asistente.
Cen lugares para volver a mirada
É unha exposición da Secretaría Xeral da Emigración que está a itinerar por diversos lugares do mundo para propoñer volver a mirada cara a esta, a nosa Galicia infinita, coa intención de propoñer ao espectador unha orixinal viaxe, unha viaxe por tan só cen dos infinitos lugares cos que esta terra ben pode contribuír a esa clasificación universal de paraísos universais.
Segundo o comisario da mostra, a viaxe comeza no impresionante Cebreiro que recibe agarimoso a entrada en Galicia do Camiño francés e remata nesa Compostela Patrimonio da Humanidade na que, ademais da choiva, case todo é arte. No medio, 98 lugares máis. Lugares todos eles que alimentan e quitan respiracións, que enchen e encollen corazóns, que teñen alma e tocan almas. Lugares, en definitiva, para perderse ou para atoparse.
Homenaxe ao Centro Galego de Mar del Plata
Na mesma xornada do mércores, logo da inauguración da exposición da Xunta de Galicia, o Delegado do Goberno galego, Alejandro López Dobarro, participou na homenaxe realizada polo Consello Deliberante de General Pueyrredón ao Centro Galego de Mar del Plata, con motivo do seu 60 aniversario. Neste acto, o presidente do Centro Galego, Francisco Solla recibiu unha distinción especial pola traxectoria da institución e a relevancia da colectividade galega na sociedade marplatense.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.