Ademáis dos campionatos nacionais franceses de Quilles de huit e dunha demostración de xogos tradicionais europeos, onde houbo espazo para 3 modalidades de bolos galegos, debateuse na asemblea sobre a vulnerabilidade das estratexias para a posta en valor dos xogos tradicionais na situación atual de crise. Por outra parte, refrendouse o acordo tomado no ano anterior de que Galicia e máis concretamente Brinquedia - Rede galega do xogo tradicional- fora a organizadora deste evento no 2013. Asemade, dentro da orde do día, realizouse unha presentación co proxecto de Euro-festival previsto para o verán do vindeiro ano, ademáis de entregarlle a todas as delegacións dos distintos países diverso material de promoción turística da nosa terra, facilitado por Turgalicia e AGADIC.
A proposta galega baseouse xa no seu día- nunha Europa vertebrada polos camiños e na súa confluencia no noso Finis Terrae. O camiño de Santiago, para alén da comunicación xeográfica e da peregrinación espiritual, converteuse nunha canle de comunicación cultural. A súa labor de comunicación e viralidade ten algo a ver co que hoxe serían as redes sociais. Xentes de diversas comunidades culturais compartían co camiño- as tradicións e costumes dos seus pobos. Así, pois, é doado pensar que o camiño se converteu nunha vía de sentido duplo á hora de levar e traer músicas, contos, xogos, artesanías e outros costumes. A data prevista será a terceira semana de xuño e a sede estará entre Santiago de Compostela e Ourense, malia se desenvolverán distintas actividades por toda a xeografía galega no decorrer das semanas previas. O programa en si contará coas seguintes actividades:
- Congreso. Unha xornada divulgativa de curta duración que afonde no xogo de tradición cultural desde unha óptica integradora, ademáis de esculcar na análise dos procesos migratorios e a súa influencia na integración de novos xogos de tradición cultural na comunidade receitora. Asemade, terase en conta a importancia/relevancia dos xogos de tradición cultural como veículo integrador das culturas universais, como elemento de coñecemento e de respecto mutuo.
- Asemblea da AEXDT. A asemblea cos representantes dos distintos países membros desta asociación analizará e debaterá a situación actual das entidades socias e do xogo tradicional no marco da Unión Europea.
- Encontro escolar de xogos tradicionais. No 2013 terá lugar a 7ª edición deste encontro que Brinquedia ven convocando de xeito anual entre os centros de ensino que se compromenten a traballar no seu currículo o xogo de tradición cultural. Por optimización de recursos económicos e humáns incluiremos esta celebración dentro do programa.
- Festival europeo de xogos tradicionais. Cun espazo preferencial para algúns dos principais xogos tradicionais galegos, deseñaranse distintos espazos criando un percorrido polo centro da cidade no que poder descubrir distintos xogos que veñen enchendo o espazo de lecer das xeracións europeas dos séculos pasados. Haberá 4 espazos preferenciais: xogos de puntería, Loitas, Xogos de Billarda, Xogos infantís e de taboleiro Actividades nos centros de ensino. Realizaranse actividades de promoción do Eurofestival nos centros de ensino.
Campionatos locais. O Eurofestival patrocinará un trofeo para os campionatos ou ligas dos distintos xogos tradicionais que se celebren nas semanas previas.
- Presentacións. Aproveitarase o festival para realizar diversas presentacións relacionadas cos xogos tradicionais, no ámbito académico, deportivo e feiral. Entre estas presentacións xa podemos adiantar que nos atopamos redactando a solicitude que lle faremos chegar ao governo autonómico para desde Brinquedia lle faremos chegar á Administración autonómica para abrir o expediente de declaración BIC do patrimonio lúdico galego.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.