Notas de prensa

O libro Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime afonda na historia do pazo

A obra, promovida pola consellería de Cultura e Educación, afonda na traxectoria histórica do pazo máis influinte da comarca do Barbanza durante o Antigo Réxime. Hoxe reivindícase a súa herdanza histórica na construción da identidade artística galega.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o libro Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime, unha obra na que o historiador Xosé Manuel Vázquez Lijó, ‘Queté’, afonda na traxectoria histórica dun pazo de gran poder e influencia na comarca do Barbanza durante esta época, da que proceden relevantes persoeiros da historia de Galicia.

Durante a súa intervención, Vázquez Abad reivindicou hoxe a herdanza histórica do Pazo de Goiáns na construción dunha identidade artística galega, en especial de “aquela que reflicte o ánimo construtivo e renovador que puxo os alicerces para que Galicia, con personalidade de seu, collese o ritmo da historia e tomase protagonismo na mesma con nome propio”.

Na presentación, que tivo lugar no salón de actos do centro social de Boiro (A Coruña), tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a concelleira de Cultura, Patrimonio e Comercio, Elena Teixeira; e o propio autor da monografía. Ao remate desta presentación, os asistentes tiveron a oportunidade de facer un percorrido polo Pazo de Goiáns, guiados polo escritor Vázquez Lijó.

A herdanza histórica do Pazo de Goiáns

Ademais do relativo ao patrimonio histórico-artístico, o conselleiro destacou a influencia desta institución na aparición de “grandes figuras das artes que levan a súa obra por todo o mundo e de profesionais dedicados a multitude de actividades cunha forte base creativa”, que se viron animadas por toda unha serie de “materializacións concretas, como as do Pazo de Goiáns, para asentarse definitivamente como parte de nós”.

Para rematar, fixo referencia ás palabras que Vázquez Lijó recolle na introdución desta monografía, nas que o autor afirma que “se en brillo arquitectónico Goiáns non pode rivalizar con outros pazos, non é menos certo que os edificios, espazos e paisaxes que contén nun marco físico privilexiado, a carón da ría de Arousa, é moi elevado e xustifica sobradamente a súa consideración de Ben de Interese Cultural”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES