
Neles únese a preocupación por investigar e coñecer o acontecido, coa necesidade de socializar estes feitos.
Na súa longa traxectoria no campo da música teñen abordado esta temática
nas súas composicións, tanto ambos os dous como a través da súa
participación en Fuxan os Ventos ou A Quenlla.
Algunhas pezas súas como por exemplo Romance de Cego á Caída de Manuel Ponte, Comandante Moreno, As cunetas son hoxe referencias fundamentais para dar conta do acontecido. Mais quizais o seu traballo máis explícito sobre a recuperación da memoria histórica sexa Silencios na Memoria.
Mais a sobre todo, a Fundación Alexandre Bóveda, quixo recoñecer a súa
presenza coa súa actuación nas homenaxes a vítimas da represión
franquista.
Son innumerábeis os actos que contaron coa súa intervención, acudindo de
xeito desinteresado a toda clase de actos coas que as asociacións
lembraban vítimas da represión. Homenaxes a Moncho Reboiras, en San Simón, no Congreso da Guerrilla e moitos outros contaron coa súa arte para
dignificalos e apoialos. Se ben, eles mesmos teñen desenvolvido labor
directa de recuperación da nosa historia como é o caso de do traballo
levado a cabo por Mini a respecto das vítimas da represión en Boimorto.
O premio Día da Galiza Mártir, que botou a andar o 2006 con motivo da
declaración institucional da Xunta do Ano da Memoria, pretende lembrar
aos lembran, homenaxear aos que homenaxean e, en definitiva, recoñecer as persoas e colectivos que contribuíron a que non se esquezan ás vítimas e
aos feitos que tiveron lugar. Recibiron este galardón Mariví Villaverde,
Teresa Alvajar, Dionisio Pereira, as mocidades do 36 (Díaz Pardo, Avelino
Pousa, Fernández del Riego e Xaime Illa Couto), Xusto G. Beramendi, e a
asociación Sempre con Vós de Pontevedra na persoa do seu presidente Xosé Álvarez. Todos eles, porque investigaron, simplemente sufriron a represión e viviron para contalo, porque difundiron a través das súas actividades ou publicacións, fixeron posíbel que hoxe saibamos máis sobre estes feitos que tratan de acochar conxuntamente coas vítimas que as sufriron.
O acto de recoñecemento e entrega levarase a cabo no xantar do propio día
da Galiza Mártir, o 17 de agosto, en Pontevedra, e todos aqueles que
estean interesados en participar poden facelo poñéndose en contacto coa Fundación Alexandre Bóveda para facer a reserva a través da seguinte
ligazón
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.