Notas de prensa

Música e poesía centran o "Atardecer no Gaiás" con 2US y María Salgado

A praza central da Cidade da Cultura convértese nunha zona de relax na que gozar de espectáculos de primeira e en pequeno formato. Tras Xoel López, Santa Rita ou a Atlántica Vapora Orquestra, tócalle a 2US e María Salgado con músicas do mundo, arte e poesía.

Para todos aqueles que queiran gozar do caer da tarde en boa compañía, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece un plan de lecer único para este xoves e venres: as actuacións de 2US e María Salgado nun novo Atardecer no Gaiás. Deste xeito, haberá música popular en toda a súa extensión e versos que combinan arte e poesía.

Aproveitando a volta do bo tempo, a praza central da Cidade da Cultura converterase nunha zona de relax na que gozar de espectáculos de primeira e en pequeno formato. Tras Xoel López, Santa Rita ou a Atlántica Vapora Orquestra, esta semana é a quenda dunha das propostas máis orixinais do ciclo: a de 2US, sons da terra concentrados ao redor de dous ou tres músicos. Deste xeito, mañá xoves 19 de xullo, a partir das 21:00 horas, no Gaiás soará a música zíngara, folk étnico, swing, cabaret americano, improvisación europea, free rock, música concreta, pop ou funk, estilos todos eles que proxectan nas súas cancións. A música de 2US é para escoitar, sentir e deixarse levar ata as vodas de Bulgaria, as romarías de Galicia, os poboados de Ãfrica, as praias de Brasil ou os clubs de Chicago. Espontánea e feliz; plural e rueira, pero sempre coa identidade destes instrumentistas de infinito gusto polo diferente.

Tras esta explosión de sons, o venres 20 será o día da palabra grazas á poeta madrileña María Salgado. Esta poeta low-tech vén de publicar o seu primeiro libro de poemas: Ready, unha mestura de arte e poesía que encherá o túnel do Arquivo de Galicia, onde terá lugar o espectáculo. O proxecto e indagación poética desta moza creadora concíbese a partir de tres eixos fundamentais: a crítica, a creación e a activación de espazos de edición, experimentación e intercambio, como Proxecto Contrabando. Unha oportunidade única para gozar da palabra en boa compañía.

Os dous concertos serán, como todos os do ciclo, a partir das 21:00 horas e totalmente de balde. No caso de que o tempo non acompañe, as actuacións realizaranse baixo cuberta.

Cidade en Movemento

O sábado 21 non haberá Atardecer no Gaiás, xa que a praza central estará ocupada por skaters, graffiteiros, riders de bmx, bailaríns de break dance e moito máis nunha xornada que a Cidade da Cultura dedica á arte urbana. O Gaiás convértese durante toda a xornada do sábado nunha Cidade en Movemento con espectaculares exhibicións, divertidos xogos, obradoiros para todas as idades, música en directo, proxeccións audiovisuais e unha obra de teatro para achegarlle os deportes de acción e a cultura urbana a toda a familia.

Os horarios deste día único ao redor dos deportes de acción e actividades de cultura urbana para todas as idades poderán consultarse en www.cidadedacultura.org

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (parque-eolico-zas.jpg) A Xunta de Galicia completou esta semana os trámites para a autorización dos nove proxectos de repotenciación voluntaria de parques eólicos recibidas entre finais de 2023 e comezos de 2024 e que permitirán suprimir 286 aeroxeradores do territorio galego así como, coa mesma potencia, incrementar un 35 % a produción de enerxía renovable. Trátase dun procedemento que destacou pola súa axilidade pois os prazos de autorización administrativa acurtáronse considerablemente, completándose en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo e cumprindo así co mandato comunitario de axilizar as xestións e garantir que non se alongan máis de dous anos.
Foto de la tercera plana (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral Comisión do Arco Atlántico da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas en Sevilla, na que se fixo balance do último ano e se presentaron as previsións para 2026. O director xeral interveu na sesión Un novo marco financeiro plurianual da UE: que hai para o Atlántico, onde defendeu un futuro da política de cohesión descentralizado e o rexeitamento ao cambio de modelo cara un plan único por estado membro, postura baseada nas experiencias previas que mostran que os programas operativos rexionais son a fórmula máis eficiente para a xestión dos orzamentos destinados á cohesión.

Notas

Poucas figuras teñen deixado tanta pegada no imaxinario colectivo galego como a de Isaac Díaz Pardo (1920-2012). As súas múltiples facetas como deseñador, ceramista, pintor, empresario e intelectual convertérono nun emblema da identidade cultural galega. Precisamente neste 2025, no que se lle dedica o Día das Artes Galegas, a Universidade de Vigo quere renderlle homenaxe e contribuír a difundir o seu traballo e legado. Para facelo, este venres inaugurouse a mostra Isaac Díaz Pardo.
A Alameda de Santiago será esta fin de semana o escenario de Compos(tech)la, un dos múltiples eventos do proxecto Santiago en Vivo para fortalecer o tecido empresarial e dinamizar a economía. A feira tecnolóxica contará co protagonismo da Universidade de Santiago, que levará durante o sábado e o domingo ao parque compostelán algúns dos seus centros de investigación e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES