
Os ciclos INFANTIL, O MELLOR DO ANO, CURTAS-SECCIÓN OFICIAL e SECCIÓN OFICIAL celebraranse no Auditorio Gustavo Freire. O ciclo CINE E RADIO proxectarase no salón da Deputación Provincial, un novo Y, PARA COMER, LUGO terá por marco o salón de actos da Biblioteca Provincial de Lugo; a sección CURTAS proxectarase na sala do Vicerreitorado da Universidade, e o ciclo RICARDO NÚÑEZ no salón de Novacaixa Galicia.
Nesta XXXIV edición homenaxearase a RICARDO NÚÑEZ, actor, director e
productor de cine nado en Betanzos, que tivo unha gran relevancia no
panorama cinematográfico español dos anos trinta. Unha exposición sobre
a súa vida e obra terá por marco o Refectorio do Museo Provincial de Lugo.
Copatrocinan esta Semana a Deputación Provincial de Lugo, Concello de
Lugo, Xunta de Galicia, Novacaixa Galicia e a Universidade-Campus de
Lugo. Colabora a Deputación Provincial da Coruña.
A presentación oficial desta Semana efectuarase nos primeiros días do mes de setembro.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.