Notas de prensa

Constitúese o novo Consello Asesor do Centro Dramático Galego (CDG)

En representación dos distintos estamentos relacionados co sector teatral galego, Salvador del Río, Toño Casais, Carme Castro e Manuel Vieites pasan a formar parte do órgano consultivo do Centro Dramático Galego (CDG) que dirixe Manuel Guede e que reduce o número de asesores externos.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria constituíu o novo Consello Asesor do Centro Dramático Galego coa celebración no Salón Teatro de Santiago da primeira reunión deste órgano consultivo, que pasa a estar integrado por catro membros que simbolizan os distintos estamentos relacionados co sector teatral en Galicia baixo a presidencia do director do CDG, Manuel Guede Oliva.

Salvador del Río, en representación da asociación de compañías Escena Galega; Toño Casais, por parte da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG); Manuel Vieites, director da ESAD (Escola Superior de Arte Dramático); e Carme Castro, técnico de Cultura do Concello de Carballo integran este Consello Asesor, que reduce deste xeito o seu número de asesores externos e pasa a funcionar como un mecanismo permanente de diálogo no que teñan a súa voz as empresas teatrais, os profesionais da interpretación, a comunidade docente centrada na escena e os programadores culturais.

O novo enfoque xa fora avanzado por Guede Oliva pouco despois de asumir a dirección do CDG no pasado mes de maio. A finalidade é reforzar o papel da compañía pública como canle de diálogo cos principais axentes que contribúen ao feito teatral galego, de xeito que se dea un paso adiante nos meros fins consultivos que se tiñan atribuído para conformar unha mesa verdadeiramente representativa da profesión, a formación e a programación teatral.

O obxectivo é que nas súas reunións periódicas se traten asuntos e problemáticas concretas do ámbito teatral, que se abordarán dun xeito transversal a todos os axentes implicados. Articularase así un espazo de orixe de propostas e de intercambio de ideas que favorecerá o traballo conxunto e coordinado.

Na xuntanza, na que participou por delegación a actriz Mónica García (vicepresidenta da AAAG) en substitución de Toño Casais; o director do Centro Dramático Galego deu conta das actividades en proxecto que a institución ten previsto desenvolver ao longo do ano 2013.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES