Notas de prensa

A Fundación Rosalía de Castro conmemora o 150º aniversario de "Cantares gallegos"

O presidente da Xunta apoia á Fundación Rosalía de Castro nos actos conmemorativos do 150º aniversario da publicación do poemario "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, a escritora máis relevante da historia literaria e cultural de Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, trasladoulle ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, a disposición do Goberno galego de seguir colaborando cos proxectos e iniciativas da Fundación que leva o nome dunha das autoras máis relevantes da historia literaria e cultural de Galicia. Así mesmo, Feijóo manifestoulle o apoio e a participación en todas as actividades que se van a levar a cabo en 2013 con motivo da celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a obra que marca o Rexurdimento literario galego do século XIX.

O presidente galego recibiu esta mañá en audiencia ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, quen lle presentou o proxecto de celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. Feijóo subliñou o espírito de colaboración e a sintonía entre ambas institucións que se verá reforzada máis se cabe, ao longo do próximo ano nos actos conmemorativos da mencionada obra.

Na xuntanza tamén estiveron presentes o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, xa que ambos organismos tamén participarán nos actos conmemorativos. Cómpre salientar que Rosalía de Castro foi a primeira autora á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas, no ano 1963. Así mesmo, foi unha imprenta da cidade de Vigo a que publicou por primeira vez a obra Cantares Gallegos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES