Notas de prensa

O Gaiás convertirase o 21 de xullo nunha cidade en movemento

A praza central da Cidade da Cultura acollerá exhibicións de BMX, skate, break dance e graffiti con figuras punteiras como o rider “Naran”, o skater Danny León, os bailaríns da Fusion Rockers Bboying Crew ou o artista vigués Anthony. Tamén haberá xogos para os nenos como o Fingerboard, a táboa de surf mecánica, o circuíto de minikarts ou unha divertida obra de teatro.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converterá o 21 de xullo o Gaiás nunha auténtica Cidade en Movemento con espectaculares exhibicións de skate, BMX, break dance e graffiti. Ademais, haberá concertos de hip-hop e dj’s, así como divertidos xogos e obradoiros para todas as idades, proxeccións audiovisuais e unha obra de teatro para achegarlle os deportes de acción e a cultura urbana a toda a familia.

Cidade en Movemento desenvolverase o vindeiro sábado 21 de xullo de 11:30 a 21:30 horas na praza central da Cidade da Cultura de Galicia, cunha programación totalmente de balde e onde haberá actividades pensadas para todas as idades. A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, asegurou hoxe durante a presentación deste evento que “con actividades como esta, o Gaiás busca ofrecer eventos de lecer para toda a familia, un público que ocupa un papel central na nosa programación cultural”.

No acto de presentación participaron ademais a directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, María Pereira; e un dos responsables desta xornada, o artista multidisciplinar e socio da firma StepFamily, Ramiro Tersse, máis coñecido como Ramiroquai, quen convidou a todos os galegos a achegarse o 21 de xullo ao Gaiás “para converterse nos reis da pista”. Como adianto do que se vivirá o sábado 21 na praza central da Cidade da Cultura, catro dos mellores riders galegos subiron esta mañá ao Gaiás para demostrar o que pode facerse sobre dúas rodas, ofrecendo un espectáculo de BMX único na rampla da Biblioteca de Galicia.

Exhibicións con figuras punteiras

Nunhas ramplas especialmente montadas para a ocasión, o público que se achegue ata a Cidade da Cultura o sábado 21 de xullo poderá admirar a destreza sobre dúas rodas de riders de primeiro nivel como Daniel Peñafiel “Naran” ou dous dos mellores especialistas de flatland: os madrileños Guelo e Moya. Conducido polo speaker Jairon Maiden, a destreza co skate estará en mans de oito figuras indiscutibles, como o campión de España sub-18 Danny León ou os galegos Diego Doural e Varo Pastor. Ademais, o Gaiás bailará a ritmo de break dance grazas aos membros da Fusion Rockers Bboying Crew e da Black Shadows Crew, mentres que a nota de cor virá da man do artista vigués Anthony e a súa destreza na arte do graffiti.

Obradoiros para todas as idades

Cidade en Movemento permitiralle ao público converterse en artista coa celebración de obradoiros ao longo de toda a xornada (consultar os horarios en www.cidadedacultura.org). Así, El Puto Coke dará as claves da composición no obradoiro Rap e Rima; Ramiroquai, ex integrante do grupo Mayumana, ensinará a converter o corpo nunha caixa de son en Somos Ritmo; os integrantes da Black Shadow Crew demostrarán como moverse ao son do break dance; o skater Danny León amosará pequenos trucos para converterse no rei da pista no circuíto de Skate Minicamp; e o artista vigués Anthony ensinará a manexar as técnicas do graffiti. Todos os obradoiros son de balde pero precisan de inscrición previa en www.cidadedacultura.org, xa que as prazas son limitadas.

Área infantil

Os máis pequenos serán os grandes protagonistas de Cidade en Movemento. Na praza central instalarase un circuíto de minikarts no que os nenos poderán amosar a súa destreza ao volante. Ademais, a Cidade da Cultura ofrécelle a oportunidade de aprender a manexar o monopatín cos dedos a través do Fingerboard, un divertido xogo para toda a familia. E para os máis arriscados, unha táboa de surf mecánica permitiralles aos nosos pequenos coller as ondas no alto do Gaiás.

O programa de actividades desta Cidade en Movemento complétase coa proxección de documentais, curtas de animación e ficción relacionadas cos deportes de acción e os retos deportivos que inclúen tres pezas galegas: a curta Red Bull Silent Project, dirixida por Ramsés Rivera; MPHMANN, documental sobre a carreira de motociclismo máis apaixonante e perigosa do mundo; e a curta Ejes, ao redor do mundo do BMX, surf e o MTB.

A aposta teatral virá da man da compañía Yllana, que porá en escena unha obra chea de humor para toda a familia: Olimplaff, con tres peculiares deportistas que loitan por chegar ao alto do podio como protagonistas. O espectáculo terá dous pases: un ás 12:30 e outro ás 18:30 horas e, aínda que é de balde, é preciso inscribirse previamente en www.cidadedacultura.org para poder acceder ao Auditorio da Biblioteca de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES