
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, trasladoulle á directora da Fundación Granell, Natalia Fernández Segarra, o apoio da Xunta de Galicia ao labor de difusión e recoñecemento da valiosa obra do autor. O xefe do Goberno galego visitou hoxe a sede da Fundación de Eugenio Granell en Santiago coincidindo co centenario do artista, que se conmemora este ano cunha programación expositiva.
Nesta programación participa activamente a Xunta a través de dúas exposicións sobre a obra de Eugenio Granell na Cidade da Cultura e no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O complexo do Monte Gaiás acolle desde o pasado 19 de xuño O encontro na poética de Eugenio Granell, que permanecerá aberta ata o 2 de decembro e que é unha mostra multidisciplinar comisariada por Natalia Fernández Segarra e Eduardo López Valiña na que se inclúen óleos, debuxos, construcións ou guaches que o artista creou a partir dun punto de partida común: o encontro, un acto humano e cotián que marcou a vida deste artista.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá desde o 13 de xullo ata o 4 de novembro a mostra Eugenio Granell. Unha película de vinte minutos na que se ofrece unha visión global das diferentes facetas do autor. Ademais, inclúe seis obras cinematográficas de Granell, obxectos persoais, gravacións domésticas, documentos gráficos e as diferentes referencias bibliográficas que dan conta do seu labor como crítico cinematográfico.
A Xunta de Galicia ademais de colaborar directamente na programación expositiva que conmemora o centenario de Eugenio Granell, axuda á Fundación co obxectivo de difundir o seu legado e contribuír coa súa conservación e posta en valor. En 2011 fíxoo a través dun convenio asinado entre Cidade da Cultura e a fundación para a dixitalización de fondos desa entidade, acordo que sigue vixente na actualidade co obxectivo claro de contribuír á difusión e ao recoñecemento da valiosa obra do artista.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.