Notas de prensa

Difúndese o legado de Celso Emilio Ferreiro nas rúas lucenses co nome do escritor

Cultura e Educación difunde o legado de Celso Emilio Ferreiro na provincia de Lugo cunha campaña nas rúas de Sarria, Monforte, Burela, Lugo, O Saviñao e Viveiro que levan o nome do escritor, e co obxectivo de potenciar o coñecemento da súa vida e a súa obra.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha a campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro na provincia de Lugo, unha iniciativa que ten como obxectivo difundir e poñer en valor o legado do escritor entre os veciños e veciñas que residen nalgunha das 28 rúas que en Galicia levan o seu nome.

A través da distribución de material sobre a vida e a obra do autor, a Consellería levou hoxe esta iniciativa aos fogares das rúas que levan o nome de Celso Emilio Ferreiro na provincia lucense, concretamente nas localidades de Sarria, Monforte, Lugo, O Saviñao, Viveiro e Burela. Este último concello foi o escenario da acto de presentación da campaña, que contou coa proxección de videopoemas de Celso Emilio Ferreiro no IES Perdouro, cun paseo literario polas rúas e, finalmente, cun recitado poético na praza do Concello.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou en Burela que “sendo como é Celso Emilio Ferreiro un poeta popular, ao que moitos se teñen referido como a voz do pobo, consideramos que o axeitado era programar actividades que lle achegasen á cidadanía a súa figura e legado fóra dos circuítos habituais da información cultural”.

Respecto da participación de dos veciños e veciñas de Burela no acto tamén destacou que a localidade é un punto de encontro de xentes e identidades diversas, capaz de convivir e de valorar a riqueza da diversidade de culturas e expresións”.

Nos actos tamén participaron o alcalde de Burela, José González; o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación en Lugo, Xosé Ramos; alumnado e profesorado do IES Perdouro, e veciños e veciñas do lugar.

Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro desenvólvese a través da distribución nos fogares da rúa que leva o nome do escritor folletos con información detallada da súa vida e da súa obra, en formatos diferentes e entretidos, e con contidos de interese para toda a cidadanía.

Cómpre recordar que a distribución do material desta campaña comezou nas rúas da provincia de Ourense no mes de abril e achegoulles o legado de Celso Emilio Ferreiro aos veciños do Carballiño, de Celanova, de Ourense, de Ribadavia e de Xinzo de Limia.

No mes de setembro, o percorrido proseguirá pola provincia de Pontevedra, nas rúas de Vilagarcía de Arousa, Cambados, Pontevedra, Nigrán e Vigo. Finalmente, a itinerancia por toda Galicia completarase en outubro nos fogares de Culleredo, Oleiros, Ares, Mugardos, Narón, Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Arteixo, Carballo, Cerceda, Santiago de Compostela e Ribeira, na provincia da Coruña.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES