Manuel Murguía deixa o legado dun sentimento de comunidade, atemporal e integrador, un tesouro que non todos os pobos teñen. Con estas palabras o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo dar as grazas por este inapreciable regalo ao destacado galeguista e quixo, tamén, facelas extensivas a Xosé Ramón Barreiro pola biografía Murguía, un libro dixo- que é unha homenaxe a un dos Pais Fundadores do que agora somos.
Durante o acto de presentación, Feijóo destacou que Murguía é un home da súa época, que sentiu intensamente os ecos dos acontecementos que se producían no resto do mundo. Manuel Murguía é, en suma, un galego español e europeo que interpreta a galeguidade como unha suma de círculos concéntricos, nos que coexisten e se enriquecen diferentes identidades. O noso arteixán non é unha barreira contra influencias alleas, senón un transmisor delas. Anticipando o que outros dirían moito máis adiante, aspira a que Galicia se impregne delas e as interprete de acordo cos nosos códigos sociais e culturais. No seu maxín, na súa obra teórica, nas súas iniciativas, desenvólvese un galeguismo que non se identifica polas súas oposicións, senón pola capacidade aglutinadora.
Neste sentido, subliñou que a propia Real Academia é a creación dun espírito cooperativo que quere agrupar aos galegos, comulguen ou non cos seus postulados. É a súa capacidade para tender pontes cos galegos que pensan distinto, que aman de distinta maneira á patria común, a que fai posible que esta institución consiga no futuro superar momentos turbulentos. Somos e sodes unha feliz consecuencia do talante dun home que puxo ao servizo do seu país as súas inmensas capacidades intelectuais.
Feijóo concluíu a súa intervención lembrando que o autor de
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.