Notas de prensa

Unha exposición e un concerto, no centenario de Celso Emilio Ferreiro

Novas voces da música e da literatura galegas recordan os versos do poeta nun concerto homenaxe en Vigo o 26 de xuño, de entrada libre e gratuíta. As dúas iniciativas forman parte das actividades que, sobre a vida e a obra do escritor, está a levar a cabo a Xunta de Galicia no Ano Celso Emilio Ferreiro.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en valor e difunde o legado de Celso Emilio Ferreiro na cidade de Vigo no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento. Con este motivo, o departamento da Xunta de Galicia organiza este mes de xuño unha exposición multimedia sobre a vida e a obra do poeta, así como un concerto homenaxe musical e poético.

A mostra, que estará ata o 28 de xuño a Biblioteca Central de Vigo, foi visitada esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch; e polo concelleiro de Vigo Roberto Relova, que estiveron acompañados pola directora do centro bibliotecario, Rosa Díaz.

Imaxes, poemas musicados, audiovisuais, xogos interactivos e mesmo gravacións sonoras co recitado de Celso Emilio Ferreiro son algúns dos recursos que poden atoparse nesta instalación multimedia. Ademais, a mostra tamén inclúe algúns obxectos persoais do escritor de Celanova, como unhas lentes, a súa máquina de escribir e unha cámara fotográfica.

Algúns dos contidos da mostra tamén están accesibles vía web na páxina oficial do escritor, http://celsoemilioferreiro.org/, que puxeron en marcha este ano a Xunta de Galicia e a Fundación Celso Emilio Ferreiro.

Concerto homenaxe

Ademais da exposición, a Consellería de Cultura e Educación organiza na cidade da oliveira un concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que terá lugar o martes 26 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia e que será de entrada aberta e gratuíta. O evento congregará diversas propostas artísticas, dos ámbitos musical e poético, baseadas na obra do escritor, da man de voces novas da cultura galega.

As actuacións de Ataque Escampe, El Puto Coke, Patricia Moon e Frans Banfield, Davide e Luis Emilio Batallán compartirán escenario coas intervencións de Inma López Silva, Rexina Vega ou Xesús Alonso Montero. No concerto, que será presentado por Yolanda Castaño, tamén participarán alumnado da Escola Superior de Arte Dramática e do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, así como a Coral de Beade.

Ano Celso Emilio Ferreiro

Estas dúas iniciativas que programa a Consellería de Cultura e Educación forman parte das actividades que está a promover a Xunta de Galicia, en colaboración con diversas entidades, para conmemorar o Ano Celso Emilio Ferreiro, declarado polo Parlamento de Galicia con motivo do centenario do nacemento do poeta e do cincuenta aniversario do seu poemario Longa noite de pedra.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES