O delegado de Cultura e Turismo da Deputación provincial de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou, no Claustro do Museo Provincial, na presentación do III Concurso Fotográfico Caetra Lucensium, organizado pola asociación que leva o mesmo nome en colaboración coa vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Ata o 31 de agosto, os afeccionados e afeccionadas á fotografía poderán presentar as instantáneas que tomen durante o Arde Lucus MMXII, que se celebrará do 22 ao 24 de xuño, e que reflexen calquera dos aspectos da festividade. En edicións anteriores, presentáronse a este certame fotografías que Mario Outeiro cualificou de espectaculares e que ademais contribuíron a difundir aspectos culturais do Arde Lucus que en, moitas ocasións, pasan desapercibidos.
O Arde Lucus insistiu o delegado de Cultura e Turismo- é xa unha cita coñecida a nivel estatal e internacional que atrae á cidade un número importante de visitantes, o que repercute directamente na economía local. Nos últimos anos, máis de medio cento de persoas achegáronse a Lugo para participar desta festa caracterizada polos espectáculos temáticos. Dende a vicepresidencia da Deputación de Lugo convidamos a todo o mundo a vir e desfrutar tanto da cidade como das actividades programadas; vivirán unha experiencia festiva pero tamén cultural, grazas a actividades coma este certame fotográfico de Caetra Lucensium.
Outeiro aproveitou a presentación do concurso para agradecer á asociación Caetra Lucensium o seu compromiso e o traballo que realiza durante todo o ano na divulgación da cultura romana e castrexa coa organización de obradoiros e talleres didácticos.
Os interesados e interesadas en participar no III Concurso Fotográfico Caetra Lucensium poden consultar as bases na web da Vicepresidencia da Deputación de Lugo: www.v1deputacionlugo.org, ou na propia asociación.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.