Notas de prensa

Primeira xuntanza do padroado da Fundación Cela, xa como entidade pública

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu a primeira xunta do padroado da Fundación Camilo José Cela logo da súa integración no sector público e do plan de axuste 2011-2015.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu a primeira xunta do padroado da Fundación Camilo José Cela unha vez que esta se integrou no sector público.

Cómpre recordar que dita integración foi aprobada o pasado mes de maio no Consello da Xunta, e é froito do compromiso da Xunta de Galicia coa viabilidade deste ente, fundamental para a conservación da obra do Nobel galego. De feito, a Xunta asinou en 2010 un convenio coa fundación para participar de forma máis activa no seu financiamento, achegando máis do 50% dos seus ingresos. Desta forma, a fundación comprometeuse a realizar un plan de axuste económico-financeiro para garantir a súa estabilidade económica e un axuste máximo entre as previsións de gasto e as de ingresos para o período 2011-2015; tras o que o ente pasaría a ser fundación do sector público.

Padroado

Logo de este proceso de integración, Xesús Vázquez Abad preside por primeira vez o padroado, xunto con dez membros propostos pola Xunta de Galicia. Ademais, serán membros natos o alcalde do Concello de Padrón, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela e os presidentes das catro deputacións provinciais. Doutra banda, haberá un membro pola Universidade de Santiago de Compostela e outro pola Universidade Camilo José Cela.

Conservación do legado

A Fundación Camilo José Cela é unha das institucións culturais máis importantes da nosa Comunidade Autónoma, singularmente por ter entre o seu patrimonio todos os manuscritos orixinais do autor. Ademais, a sede da Fundación -situada en cinco antigas “Casas dos Coengos” rehabilitadas- alberga fondos documentais da máxima relevancia, unha valiosa colección pictórica e unha rica biblioteca con máis de corenta e cinco mil volumes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES