
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anima a todos os seguidores de Björk a converterse por unha noite no superfan da artista islandesa e vivir dende dentro o concerto que ofrecerá o 22 de xuño na praza exterior do Gaiás. Trátase dunha orixinal campaña posta en marcha pola Cidade da Cultura coa que se busca atopar á persoa que máis sabe de Björk e convidala á que será a única actuación que ofrecerá este ano en España e Portugal.
A campaña, lanzada esta semana a través de Infojobs e en diferentes redes sociais, busca ao Superfan de Björk que asistirá ao concerto do 22 de xuño con todos os gastos de viaxe e unha noite de aloxamento cubertos para o día do concerto. O afortunado ou afortunada vivirá o evento dende un punto de vista totalmente diferente, xa que poderá coñecer dende dentro todos os detalles deste importante evento musical. O seleccionado irá compartindo co resto da comunidade de fans a través das redes sociais todo o que vaia vivindo dende ese punto privilexiado do concerto.
O Superfan de Björk terá que cumprir unha serie de requisitos que o acrediten como tal: demostrar que é seguidor da cantante islandesa, dispoñer de contas en Facebook e Twitter cun mínimo de 300 amigos/seguidores, e estar desempregado. Ademais, as persoas que se inscriban deberán contestar varias preguntas sobre Björk, coas que se pretende medir o índice de seguimento e coñecemento por esta artista. É importante recordar que isto é unha acción promocional do concerto, coa que se busca simplemente un Superfan de Björk por un día.
Ata o momento xa están apuntadas nesta orixinal campaña un total de 40 persoas que optan a converterse en superfan e aproveitar esta oportunidade única que lle permitirá ver, como nunca imaxinou, o espectáculo sensorial que Björk ofrecerá a partir das 22:30 horas do 22 de xuño na praza exterior do Gaiás.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.