
Na sede do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, reuniuse o Xurado do Certame convocado para elixir o cartel anunciador da XXXIV
Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, ao que concurriron 75 orixinais procedentes de toda España.
O Xurado estivo formado por MARIO OUTEIRO, Deputado de Cultura, en representación da Deputación Provincial, DOLORES MOYA, polo Concello de Lugo; MANUEL GULÍN, pola Consellería de Cultura; MARIA JOSÉ FERNÁNDEZ, pola Fundación Caixa Galicia e CARMEN XOVE, pola Universidade-Campus de Lugo, como representantes das entidades copatrocinadoras da Semana, e os membros de Fonmiña MANUEL CURIEL, CARLOS RODRÍGUEZ, EDUARDO OCHOA, JOSE MANUEL GUISASOLA e XULIO XIZ.
Foi elexido cartel anunciador da Semana de Cine de Lugo nesta XXXIV edición o orixinal presentado por VICENTE BELTRÁ JUAN, de ELDA-ALICANTE, que recibirá un premio de 1.000 e trofeo.
Na fase final do traballo do xurado, pola calidade dos traballos, tiveron unha consideración especial os orixinais presentados por EDITH NIEVES SÁNCHEZ, da Pobra do Brollón (Lugo), e JOSÉ LUIS GOMEZ LÓPEZ, de Alcalá de Henares (Madrid).
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.