
As persoas que formamos parte da Uned Senior de Xestoso celebramos, hoxe, en Paderne, no restaurante "A Gurita", a festa das Letras Galegas. Foi un acto moi entrañable e emotivo. Houbo recitais de poesía por parte de varios membros da Uned. Unha semblanza do autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, este ano 2012. Tamén se leu un texto moi interesante en defensa da nosa identidade como galegos, "O orgullo de ser galegos", que era o noso lema.
Pero, a parte central do acto foi a conferencia da gran escritora Marica Campo, con quen tivemos a sorte de contar. Ela foi desgranando como, a través da historia, aos galegos e ao galego se nos desprestixiou, en moitas ocasións, mesmo por parte de afamados escritores da literatura española. Todo isto fixo, entre outras cousas, que nos sintamos inferiores que os demais, e que algunhas persoas se avergoncen da súa cultura e da súa lingua. E este problema non só afectou á nosa cultura, senón tamén a economía e ao desenvolvemento do noso país.
Gracias a Marica e a outras persoas coma ela imos recuperando a nosa identidade como galegos, mellorando a nosa autoestima e mirando cara o futuro, en solidariedade con todas as demais persoas do mundo.
Unha das persoas que participou no recital fíxoo en homenaxe a Marica, e pediu que se lle dedique o Día das Letras Galegas xa, sen esperar a que faleza. E todos os demais subscribimos esa petición.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.