Notas de prensa

Claudio Rodríguez Fer, doctor honoris causa pola universidade de Alta Bretaña

O escritor lucense e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela Claudio Rodríguez Fer foi nomeado Doctor Honoris Causa pola Universidade de Alta Bretaña en Rennes (Haute Bretagne – Rennes 2), a proposta do Departamento de Español e do Departamento de Bretón de dita institución francesa.

Claudio Rodríguez Fer foi profesor invitado de Literatura Española e Hispanoamericana na Universidade de Alta Bretaña en 1995 e, dende entón volveu decenas de veces a disertar ou a recitar poesía a Bretaña, onde tamén exerceu como profesor visitante na Universidade de Bretaña Sur en Lorient.

A súa poesía foi traducida a numerosas linguas do mundo, incluídas o francés, no libro Voyages à toi (Viaxes a ti), e o bretón, no libro Muioc'h kalz eget mil bloaz (Moito máis que mil anos). Ademais, participou en varios congresos en Bretaña e publicou alí moi diversos escritos. Froito das súas estancias nos países celtas son moitos dos seus poemas, recollidos no libro Amores e clamores, e dos seus relatos, recollidos no libro Contos e descontos, así como a súa memoria Meus amores celtas, publicada en Unión Libre.

A Universidade da Alta Bretaña concedeu o título de Doutor Honoris Causa a outros escritores hispánicos, como o peruano Mario Vargas Llosa, o chileno Jorge Edwards ou o franco-español Jorge Semprún, pero Claudio Rodríguez Fer será o primeiro galego ao que se lle faga tal distinción. A súa investidura está prevista na Universidade da Alta Bretaña, en Rennes, para o 28 de xuño.


C.R.F., 2012-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES