
Dende o xoves dÃa 5 en Pedrafita do Cebreiro acolle a exposición fotográfica da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo En Camiño, con fotografÃas da artista alemá Silvia Steinbach. A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura, sita na Praza do Mercado da emblemática vila xacobea durante toda a Semana Santa, ata o dÃa 10 de abril en horario de visitas de 10 a 14 e de 16 a 20 h.
A exposición está organizada pola Asociación Praxis e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e conta coa colaboración do concello de Pedrafita do Cebreiro e da Xunta de Galicia. Dende o ano 2008, itinerou por Frankfurt, Colonia, Hamburgo, Varsovia, Cracovia, Santiago, Ferrol e agora chega a Pedrafita do Cebreiro. O 25 de xullo cruzará por primeira vez o Atlántico para presentarse na cidade colombiana de Santiago de Cali, onde contribuirá á conmemoración do aniversario da súa fundación.
A exposición
A mostra fotográfica En Camiño reflicte a particular visión dunha peregrinación a Santiago feita pola artista alemá Silvia Steinback. Consta dunha colección de 55 fotografÃas en cor e branco e negro cunha estética moi persoal. As imaxes recollen o camiño, as pontes, as igrexas, os mosteiros e catedrais e mesmo os peregrinos en Navarra, A Rioxa, Castela León e Galicia. Destaca tamén a presenza das rúas e prazas da cidade do Apóstolo e da súa basÃlica, representadas por sosegadas tomas nocturnas dos espazos urbanos e das arquitecturas máis senlleiras, e tamén de fotografÃas diúrnas dos peregrinos que chegan ata o Obradoiro, entran na catedral e descobren con novas miradas as naves, capelas e imaxes do grande templo do Camiño de Santiago. Ao final queda Fisterra, cunha enigmática e espectacular panorámica que parece sinal de identidade do estilo desta fotógrafa alemá.
Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañÃas Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxÃas e incorporará sistemas hÃbridos de almacenamento con baterÃas e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.