Notas de prensa

Agapi debate sobre o valor do audiovisual galego na adaptación ao dixital

O secretario xeral de Cultura pon en valor o audiovisual galego no seu proceso de adaptación ao contorno dixital durante a xornada "A obra audiovisual. Propiedade intelectual e contexto dixital", organizada por Agapi en Santiago de Compostela.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, incidiu no papel das tecnoloxías para ampliar o abano de posibilidades dos produtores e creadores do ámbito audiovisual. Segundo precisou, “as tecnoloxías abren novas portas para acceder a públicos diversificados que, ao mesmo tempo, presentan novas formas de consumo ás que as empresas do sector deben saber atender e albiscar nos seus movementos”.

Ao fío disto, afirmou que “calquera sector cultural debe entender o contorno tecnolóxico como un reto e unha oportunidade para impulsar novos formatos, para favorecer novas formas de consumo e para chegar a novos públicos”.

Así o asegurou durante a inauguración da xornada A obra audiovisual. Propiedade intelectual e contexto dixital, promovida pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), que tivo lugar esta mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Unha cultura responsable e sostible do consumo

Anxo Lorenzo afirmou que “a dimensión dixital da creatividade obriga a unha reflexión e a unha capacidade de responder aos novos contornos de traballo e de difusión”. Neste sentido felicitou a Agapi, entidade que congrega unha boa boa representación das empresas audiovisuais, “por abordar este debate da propiedade intelectual no audiovisual, as posibilidades realistas de negocio e as ideas para construír unha cultura responsable e sostible do consumo a través de internet”. Finalmente, concluíu apuntando a necesidade de acadar un equilibrio entre contorno dixital e propiedade intelectual.

O secretario xeral de Cultura estivo acompañado no acto pola presidenta de Agapi, Dolores Ben, e polo secretario académico da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Fernando Redondo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES