Notas de prensa

Audiovisual Marketing and International Sales analiza o mercado de Canadá

Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, ten preparadas dúas actividades de formación para o martes 7 de febreiro. Por unha banda, a master class “Audiovisual Marketing and International Sales”, impartida pola experta canadense en vendas internacionais, Félize Frappier, que terá lugar de 6 a 8 horas da tarde, na aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela.

E por outra banda, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, proxectarase, a partir das 4 da tarde, o filme Crebinsky, nunha segunda sesión do ciclo de cine galego AUGAL, que contará coa presenza do director da película, Enrique Otero e o actor Miguel de Lira.

Audiovisual Marketing and International Sales

Para a charla, organizada coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Félize Frappier falará, primeiramente, da súa experiencia e o funcionamento do mercado audiovisual en Canadá, nunha segunda parte afondará nos pasos a seguir para preparar a asistencia a un mercado internacional e, finalmente, abordará a explicación dun caso práctico no que amosará algúns exemplos de estratexias de lanzamento e promoción.

O relatorio, que xa ten cubertas todas as prazas dispoñibles, está dirixido a aqueles produtores, axentes de vendas internacionais e outros profesionais do sector audiovisual, ademais dos alumnos que asisten ao monográfico de Inglés Audiovisual que organiza actualmente o Consorcio, que desexen potenciar e ampliar as súas destrezas comunicativas en inglés no ámbito da industria e mercado dos medios audiovisuais. Será impartido integramente en inglés, aínda que a sala tamén disporá dun servizo de tradución simultánea para aqueles que o precisen, tras solicitalo previamente na inscrición.

Félize Frappier traballa no sector da distribución como axente de vendas para Max Films International desde 2003, conseguindo vendas para películas como Seducing Dr. Lewis, The Far Side of the Moon, Borderline e Crying Out. No 2010 deu un paso cara a produción para producir a primeira película de Guy Édoin, Marécages (Wetlands). O filme conseguiu a súa premiere mundial o pasado ano na Semana da Crítica de Venecia e despois abriu a sección “Canada First” en Toronto en 2011, antes de ser seleccionada en seccións oficiais de numerosos festivais (entre outros Pusan 2011, Vancouver 2011, Namur 2011, Chicago 2011, Valladolid 2011). Actualmente está a traballar no desenvolvemento de La Canicule des pauvres (Heat wave), unha adaptación cinematográfica da novela epónima de Jean-Simon DesRochers, segunda longametraxe de Guy Édoin.

Crebinsky no ciclo de cine galego AUGAL

O ciclo de cine galego “Master classes AUGAL”, iniciativa encadrada no programa de formación “Audiovisual nas Aulas” do Consorcio Audiovisual de Galicia, e organizada conxuntamente coa Universidade de Vigo, proxectará nesta ocasión o filme Crebinsky (2010, de Enrique Otero e as produtoras Control Z, Chevere Visión e Zircozine). A película recolle as peripecias de Miguel de Lira (Feodor) e Segio Zearreta (Mijail), dous irmáns aos que as chuvias torrenciais arrastran cando son pequenos, xunto coa súa vaca Muchka, a un lugar perdido da costa. Illados do mundo e dos acontecementos bélicos que os rodean, crecen ao pé dun faro, sobrevivindo de recoller as cousas que trae o mar, as crebas. Alí crean o seu propio mundo: un universo particular de realismo fantasioso.

O foro-debate organizado trala proxección contará coas intervencións de Enrique Otero, director, coguiosnista e coprodutor de Crebinsky, e Miguel de Lira, actor, coguionista e coprodutor.

O programa da presente edición de AUGAL complétase cos documentais: ‘Digna rabia e Banaras me’; as animacións: ‘Arrugas’ e a curta ‘Gato encerrado’; a obra experimental ‘Cousas de Kulechov’ e a videocreación ‘Os fabulosos irmáns da luz’. A inscrición é gratuíta e está aberta a alumnos da facultade e interesados en xeral.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-02-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES