
A Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia participa na 27 edición do Mercado Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand como parte do programa do 34º festival francés.
Cómpre sinalar que é o encontro máis importante a nivel europeo no seu xénero, e o Consorcio Audiovisual de Galicia participa promocionando a produción galega de curtas entre profesionais e representantes do sector procedentes de todo o mundo.
A entidade galega comparte stand en colaboración coa Agência da Curtametragem Portuguesa, como mostra da boa relación que une ao audiovisual dos dous territorios veciños, co fin de dar a coñecer conxuntamente a súa produción en pequeno formato. Para iso, promoverán varias actividades entre as que se atopan unha Happy Hour e a Portuguese & Galician Party que terán lugar mañá martes e nas que o Consorcio aproveitará para presentar o novo catálogo Shorts from Galicia 2012. A través destas accións preténdese dar a coñecer, de maneira amena e distendida, o que se fai en Galicia e Portugal a nivel de curtametraxe ante os distribuidores, compradores, canles de tv e profesionais acreditados no mercado.
Catálogo Shorts from Galicia
O catálogo Shorts from Galicia 2012, compila sete curtametraxes galegas producidas nos últimos dous anos e seleccionadas coa colaboración dos tres festivais de curtas máis relevantes de Galicia (Festival de Cans, Curtocircuíto e FicBueu), nos que estas obras resultaron gañadoras e/ou finalistas.
As curtametraxes que o compoñen son Radiografía dun autor de tebeos (de Marcos Nine); Amistad (de Alejandro Marzoa); Gato encerrado (de Peque Varela); Birdboy (de Pedro Rivero e Alberto Vázquez); Estereoscopía (de Xacio Baño); Vicenta (de Sam Orti) e ¿De qué se ríen las hienas? (de Javier Veiga). Entre elas acumulan un total de 86 premios e unha traxectoria de preto de 260 seleccións en diversos certames, destacando a recente candidatura de Birdboy para os Goya deste ano na categoría de mellor curtametraxe de animación.
Esta publicación supón unha escolma representativa do traballo que se está a facer na nosa comunidade a nivel de pequeno formato nos seus diferentes xéneros (ficción, animación e documental). Consta dun DVD coas sete producións en versión orixinal e subtítulos dispoñibles en inglés e castelán, así como as fichas técnico-artísticas das curtametraxes e as biofilmografías dos directores nos dous idiomas. Para a súa promoción, o catálogo distribuirase nos festivais e mercados de referencia de todo o mundo nos que participa o Consorcio Audiovisual de Galicia, institucións involucradas na comercialización, programadores cinematográficos, así como televisións, organismos e profesionais relacionados co mundo da curtametraxe. Ademais, habilitarase unha versión dixital na nova web do organismo que será presentada proximamente.
Con esta iniciativa a Consellería de Cultura e Educación, a través do Consorcio, contribúe á difusión dun formato, o da curtametraxe, que non chega de forma sinxela ao público, ao non ter un acceso habitual ás canles de distribución e exhibición comercial.
Escaparate internacional para o audiovisual galego
O Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, certamen que se vén celebrando con grande éxito de convocatoria e público dende hai máis de 30 anos na cidade francesa do mesmo nome, é o máis prestixioso a nivel europeo e un dos principais do mundo no seu xénero. Para esta edición, o festival contará con máis de sete mil filmes de 120 países, para os que o mercado supón un enorme expositor, ao reunir aos principais distribuidores, programadores e compradores de toda Europa.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.