Notas de prensa

Evaristo Calvo dirixe no CDG as dramatizacións finalistas do VI premio Diario Cultural

A Radio Galega e o Centro Dramático Galego, co patrocinio da Agadic, promoven este galardón dotado cun total de 6.000 euros para dúas modalidades de selección. Con 51 orixinais recibidos, é a edición máis concorrida da historia do certame de teatro.

O actor e director Evaristo Calvo dirixirá as dramatizacións das obras que resulten finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG) co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O certame pechou o día 15 de xaneiro o prazo de presentación de traballos cun total de 51 orixinais recibidos, cifra que converte esta edición na máis concorrida da súa historia.

Ãbrese agora o período de selección das obras finalistas polo xurado, do que formará parte o propio Evaristo Calvo xunto a Xosé Manuel Pacho Blanco, gañador da V edición coa obra Paraísos; Camilo Franco, crítico de teatro; Roberto Taboada, coordinador de actividades do Festival ALT de Vigo e membro do consello asesor do CDG; Gloria Ferreiro, redactora xefa de programas da Radio Galega; e Ana Romaní, directora do programa Diario Cultural.

Baixo a dirección de Evaristo Calvo, un cadro de actores e actrices coordinados polo CDG dramatizará os textos seleccionados polo xurado que se emitirán en marzo nos distintos programas da Radio Galega para abrir as votacións por parte da audiencia. Este mesmo traballo foi realizado nas anteriores edicións por Ana Vallés (2011), Ãnxeles Cuña (2010), Candido Pazó (2009), Quico Cadaval (2008) e Lino Braxe (2007).

Prolífica traxectoria

Calvo posúe unha prolífica carreira profesional que iniciou a mediados dos anos 70 como actor no teatro afeccionado coruñés. Desde entón compaxina os traballos de actor, tanto no teatro como no cine e na televisión, cos de autor e director de escena no teatro, e o de guionista de televisión. Cofundou compañías como Ollomol Teatro Submarino, Ollomoltranvía e o dúo Mofa e Befa, co que segue a colleitar numerosos éxitos na actualidade. A súa dirección e dramaturxia para a montaxe Qui pro Quo, de Ollomoltranvía, foi recoñecida co Premio María Casares de Teatro que tamén acadara como actor con Anxeliños. Como autor e director realizou os espectáculos para a compañía Sapristi Hotel Run e So Sobre, que destacan na súa traxectoria pola súa singularidade e porque neles amosa o seu peculiar mundo surrealista. Para o Centro Dramático Galego interpretou espectáculos como As dunas, O ano do cometa ou O incerto señor don Hamlet.

Fomento do teatro para radio

O VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio, facilitar o diálogo entre a dramaturxia contemporánea e o medio radiofónico e contribuír á recuperación desde unha perspectiva contemporánea do xénero de teatro radiofónico.

O certame prevé en realidade dous galardóns: o premio que outorga o xurado e o premio do público, resultante das votacións efectuadas pola audiencia. Cada un dos premios está dotado economicamente con 3.000 euros. As obras finalistas serán publicadas nun libro-cd dentro da colección de Edicións Xerais de Galicia. Tamén está previsto, como acto de entrega e comunicación dos premios, a celebración do denominado espazo radioescénico, unha emisión especial do programa Diario Cultural na que os actores e actrices interpretan, en directo e diante do público, algúns fragmentos das obras galardoadas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-01-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES