Notas de prensa

SÓS, de Mercedes Peón, elexido quinto mellor disco do mundo en música étnica

A lista World Music Charts Europe, elaborada por 45 críticos de 23 países, selecciona o disco SÓS de Mercedes Peón como o quinto mellor do mundo. A artista galega permaneceu dous meses consecutivos como número 1 e remata o ano na quinta posición desta lista internacional.

O disco SÓS, da artista galega Mercedes Peón, foi elexido como o quinto mellor do mundo dentro de xénero da música étnica. Tras estar dous meses consecutivos como número 1 da lista, Mercedes Peón finalizou o
2011 no quinto posto da prestixiosa lista World Music Charts Europe.

A World Music Charts Europe é a lista de referencia mundial no xénero da World Music ou música étnica. Un xurado composto de 45 críticos de máis de 23 países europeos selecciona cada ano os mellores discos deste xénero musical.

Unha exitosa xira internacional Mercedes Peón remata así o ano 2011, tras unha exitosa xira internacional con máis de vinte cinco concertos como embaixadora de Galicia por España, Francia, Bélxica, Portugal, Holanda, Alemania, Gran Bretaña, Austria, Suecia, etc.

Unha boa mostra do éxito acadado pola artista galega son algunhas das críticas publicadas ao longo do ano por algúns dos máis importantes medios de comunicación europeos:

“Ten a audacia estética de Björk, a profundidade emocional de Pj Harvey, máis ritmos que Fatboy Slim e un metal de voz privilexado á altura de Camarón de la Isla. (…) ¿Electrónica para escoitar?”. El Mundo (España)
“Producido e mixturado por ela mesma, "SÓS" é unha sofisticada mezcla electro-acústica, ancestral, vanguardista e feminina. Simplemente, única.” Mondomix (Francia)
"Mercedes Peón é unha das artistas máis autenticamente orxinais da escena musical española”. The Guardian (Reino Unido)
"Mercedes Peón confirma a sua posición na Vangarda da escena musical española e Europea". Songlines

Neste ano 2012 a artista galega comeza a súa xira Internacional en Estambul e continúa camiño por Bélxica onde lle espera unha xira de 10 concertos durante o mes de marzo.

SÓS un disco cheo de humor, de ambientes electroacústicos. Un título poliédrico que suxire todo o álbum” …---…”, código morse, s.o.s., “solos” en español, “es” en arxentino, título sonoro universal e mecanizado. Transita por lugares da súa última xira internacional: Marrocos, Sao Paulo, Suecia etc. influencias arquitectónicas, sorpresas e impactos, ruídos da rúa, autocrítica, feminista, estrito, intuitivo, espazos abertos ao libre albedrío, e sobre todo cheo de humor.

SÓS música de vangarda. Un disco catalogado como maduro, fresco, sorprendente, creativo. Inxeniosa e profundamente conceptual. Creado, tocado, producido e mesturado pola propia artista. …---… , é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, maior que as partes que o conforman, erísexe como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos editados ata o momento.

www.mareproduccion.com, 2012-01-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES