
O Centro Coreográfico Galego colabora coa Banda de Música Municipal de Silleda no deseño e interpretación dunha das coreografías que integran A sinfonía das fábulas, espectáculo central do concerto especial de Nadal da formación pontevedresa. Baixo a dirección de Rafa Agulló, o recital celébrase o sábado 17 de decembro, ás 21.00 horas, no auditorio da Fundación Semana Verde de Galicia.
A directora da unidade de danza da Agadic, Mercedes Suárez, creou para a ocasión unha coreografía inspirada na fábula de Esopo A lebre e a tartaruga, a partir do terceiro movemento de A sinfonía das fábulas, unha composición para banda de música asinada pola estadounidense Julie Giroux. Os bailaríns Elena Chamorro, no papel da lebre, e Miguel Ángel Ponte, no da tartaruga, interpretan unha peza na que os movementos clásicos e as zapatillas de punta empréganse para dotar de velocidade e axilidade ao personaxe da lebre, mentres que no caso da tartaruga óptase por un estilo contemporáneo para incidir na lentitude dos seus movementos e nos seu permanente contacto co chan.
Espectáculo multidisciplinar
Do mesmo xeito que nas tres edicións anteriores do seu concerto especial de Nadal, a Banda de Silleda conta con achegas artísticas procedentes doutros ámbitos da cultura para configurar un espectáculo multidisciplinar, que cada ano se articula arredor dun eixo temático.
Neste caso, A sinfonía das fábulas pon en escena outros catro movementos coas colaboracións de Títeres Cachirulo na interpretación de O león e o rato de Esopo; o contacontos Celso Fernández Sanmartín e o frauta solista Fran Seoane, en O frautista de Hamelín dos irmáns Grimm; o artista plástico Marcos Escudero Marte, na ilustración con area de O parrulo feo de Hans Christian Andersen, e a compañía Teatro del Andamio, na fábula tradicional escandinava Os tres cabritiños.
A Banda de Música Municipal de Silleda iniciará este concerto con Fanfarria para un aniversario, de Eernesto García Climent. Trala interpretación de A sinfonía das fábulas, o recital concluirá con Celtic Child, de Bert Appermont.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.