
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) aos responsables da mostra Cadernos Escolares: redaccións, copias ditados..., unha exposición temporal cedida polo Centro Museo Pedagóxico da Universidade de Salamanca, da que poderán gozar os visitantes ata o 27 de xaneiro.
Neste encontro, ao que asistiu, entre outros, o director do Museo Pedagóxico da universidade salmantina, Bienvenido Martín Fraile, o conselleiro salientou o importante valor patrimonial do material da mostra. Ademais explicou que o MUPEGA - dependente da Consellería de Educación - colabora na exposición cunha importante achega de material escolar cadernos, etc- procedente dos seus fondos, e que constitúen un valioso patrimonio que recolle o acontecer diario das escolas de antano. Este material reflicte ademais os antigos currículos didácticos, permitindo un repaso pola historia da educación en España desde dentro.
As pezas que se poderán contemplar no MUPEGA son, ademais, recordos do traballo infantil das xeracións anteriores, que reflicten o seu esmero diante do rigoroso exame da inspección educativa do que eran obxecto.
Esta mostra é un novo expoñente do albor desenvolvido polo MUPEGA a prol da posta en valor do patrimonio pedagóxico da nosa terra. Quen desexen gozar dela poden facelo no horario habitual de visita do museo, de martes as sábados, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, con entrada gratuíta.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.