Notas de prensa

A Cidade da Cultura e a Real Academia Galega acollen o Congreso Lois Pereiro entre o 15 e o 17 de decembro

O Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, conta coa participación de grandes escritores e expertos en literatura galega para analizar a obra e a vida do poeta monfortino no que será "un punto e aparte nos actos de homenaxe das Letras Galegas 2011".

A Consellería de Cultura e Turismo colabora na organización do Congreso Lois Pereiro, que se desenvolverá entre o 15 e o 17 de decembro na Cidade da Cultura de Galicia e na sede da Real Academia Galega. Este congreso, que está organizado pola Real Academia Galega e conta ademais coa colaboración da Universidade da Coruña, terá como protagonistas a grandes escritores e expertos en literatura galega que analizarán a obra e a vida do poeta monfortino. Ao acto de presentación asistiron o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López; o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín; o vicerreitor de Cultura da Universidade da Coruña, Luís Caparrós, e o académico Manuel Rivas.

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos recordou que a obra de Lois Pereiro “ofrécenos unha forza creadora verdaderamente auténtica, de estética profunda e desenvolta desde si mesmo, onde o autor móstrase alleo aos modelos seguros que dan acceso ao recoñecemento”. Segundo Francisco López, na figura de Lois Pereiro “hai un atrevemento superior ao incorporarse ao universo dos clásicos, porque con el sabemos que a nosa escrita está nese nivel por dereito propio, e que pode expandir a súa mensaxe na confianza de que ofrece algo importante para o mundo contemporáneo”.

Francisco López recordou que a Consellería de Cultura e Turismo vén colaborando na promoción da obra do escritor monfortino organizando actos e exposicións interactivas en bibliotecas e centros escolares e colaborando na edición da novela gráfica de Jacobo Fernández, que recolle o esencial da súa personalidade. Asemade, o director xeral destacou o lanzamento ao escaparate internacional da obra completa, en edición bilingüe, castelán-galego, con prólogo de Pere Gimferrer (que ofrecerá este xoves a lección inaugural deste congreso) e a tradución ao inglés dunha antoloxía de Jonathan Dunne, coa que se abriu a colección ‘Galician Classis’. SegundoFrancisco López, “estas son algunhas das mostras a través das que creemos que Lois Pereiro pode deixar o seu maxisterio en calquera biblioteca de calquera país”.

Deste xeito, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, asegurou que “neste ano 2011 vai quedar gravado o nome de Lois Pereiro con esta sanción tan especial que lle confire a homenaxe do gran día da lingua propia de Galicia”. “Este ano sí que podemos dicir que grazas a colaboración de distintas institucións o labor que conduce á difusión da súa escrita chegou, por fin, a toda a nosa sociedade”, engadiu. Por último, Francisco López afirmou que “con este congreso poremos un punto e á parte no curso desta obra tan excepcional como a súa figura, pois concluído o ano, Pereiro ten forza abonda para facerse un lugar como autor de referencia en calquera sitio, e o feito da relación de especialistas que participarán neste congreso demostra esta realidade”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES