
A Consellería de Cultura e Turismo vén de recibir un novo lote de copias dixitalizadas dos documentos que forman parte do fondo bibliográfico da Fundación Vicente Risco para a súa conservación e difusión a través da Biblioteca de Galicia. Esta vía de colaboración iniciouse o pasado ano 2010 co obxectivo de protexer e difundir o rico legado bibliográfico e documental que alberga esta institución. En virtude do convenio asinado coa Consellería de Cultura e Turismo, a Fundación Vicente Risco entregou copias de manuscritos, debuxos, libretas de notas e diverso material empregado polo ilustre galeguista para o seu almacenamento e consulta na Cidade da Cultura.
A Fundación Vicente Risco fai entrega dos resultados deste proceso de descrición bibliográfica e de dixitalización á Xunta de Galicia para que a Fundación Cidade da Cultura os inclúa nos fondos dixitais da Biblioteca de Galicia e así podan ser estudados e difundidos publicamente mediante as novas tecnoloxías da comunicación. Ambas institucións consideran os fondos da Fundación Vicente Risco como un tesouro bibliográfico e documental fundamental, único e singular do patrimonio galego.
Dentro das seus obxectivos, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia ten como función a creación, explotación e promoción de centros de conservación, produción, exhibición e consumo cultural, comunicativo e tecnolóxico, que constitúan un espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador propicio á interacción cultural. Deste xeito, considerase esencial a colaboración entre entidades do sector público e privado para contribuír á defensa e á promoción do patrimonio cultural galego.
Documentos de gran valor cultural
A Fundación Vicente Risco leva meses colaborando coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia para dixitalizar as obras manuscritas da biblioteca de Vicente Martínez Risco como Bicéfalo de Promonta (manuscrito de 125 páxinas) ou La puerta de paja (manuscrito de 131 páxinas), ambas as dúas da autoría do escritor ourensán, así como A familia de Pascual Duarte (manuscrito da tradución feita por Vicente Risco de 180 páxinas) da obra de Camilo José Cela.
Asemade, tamén se están dixitalizando fondos especiais da Fundación como os manuscritos impresos de Traballos sobre o celtismo. Neste grupo destacan Civilización europea, Magnae Syntesis liber vel opera Omnia, Notas e bibliografías ou Referencia Irlandesa, así como outras obras da carpeta sobre o celtismo como Irlanda por dentro y por fuera (tradución de Enrique Díaz-Canedo), El fanatismo sinfinista: a proposito del problema Irlandés ou unha separata de Americo Castro titulada Algo sobre el celtismo. A documentación sobre a obra Mitteleuropa recollida en libretas de notas, debuxos, apuntes e borradores do manuscrito tamén están sendo obxecto de dixitalización, así como a colección de traballos sobre etnografía e documentación diversa sobre O Carnaval, O Diablo e A Maxia. As coleccións de Vicente Risco de refráns, ditos e adiviñas, con 150 fichas manuscritas cada unha delas, tamén serán dixitalizadas.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.