Notas de prensa

Pistacinco desprega o seu Cabaré de Circo no Salón Teatro de Compostela

Durante unha hora e media, unha ducia de artistas de novo circo exhiben as súas habilidades: clown, malabares, equilibrios, zancos, acrodanza ou aéreos son algunhas das disciplinas que poderán verse no espectáculo, conducido por Antón Coucheiro e Antuan de la Creme. Pistacatro ofrece unha única función na capital galega.

A Asociación de Novo Circo e Cabaré Pistacinco presenta –o venres 28, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago–, unha única función do seu particular Cabaré de Circo, un espectáculo en formato cabaré no que unha ducia de polifacéticos artistas de novo circo desenvolverán unha sucesión de sete números que permitirá dar a coñecer ao público xeral un panorama das distintas liñas e propostas artísticas nas que traballan actualmente.

Sobre o escenario do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego e durante unha hora e media de actuación, os intérpretes amosarán as súas distintas habilidades, desde malabares ata equilibrios, pasando por zancos, corda ou aéreos.

Arturo escenificará a súa peza S.L. (Sociedade Limitada), unha parodia en clave de clown sobre o dilema de traballar para vivir ou vivir para traballar; Pablo e Sofía presentarán o seu último traballo de acrodanza, uhna peza con reminiscencias do pasado; Dj Capuzzi e a señorita X farán o propio con Disco Delivey, un espectáculo feito con moito amor, que promete malabares, claqué, acrobacias e moito humor; e Santi, un dos malabaristas punteiros de Galicia, deleitará aos afeccionados dos malabares; ao igual que Jano, un equilibrista con influencias dos países do leste.

Ademais, Duelirium, compañía finalista do programa Xóvenes Talentos do Circo Europeo que integran Raquel Oitavén e Mercè Solé, levará a cabo unha viaxe máxica na procura de novos elementos e instalacións aéreas. Finalmente, Girisho conseguirá que os asistentes conteñan o seu alento mentres realiza os seus exercicios na corda. Todo isto, aderezado co humor de Antón Coucheiro e Antuan de la Creme, presentadores da gala.

Referente do novo circo galego

No ano 2000 creouse a Asociación de Novo Circo e Cabaré Galega Pistacatro, colectivo que ademais de artistas inclúe a profesionais e afeccionados de outras categorías técnicas como a escenografía, a produción ou a música, e que foi o xerme do actual movemento de novo circo en Galicia. En 2005, sete artistas integrantes da asociación crean a empresa Pistacatro Productora de Soños. A principios do 2007 esta última pasou a chamarse Pistacinco, en relación á continua evolución da súa actividade.

Na actualidade está fortemente consolidada e goza de convenios anuais co Concello de Santiago de Compostela e co Concello de Ames para financiar tanto a súa sede na nave chamada Circonove, no polígono do Novo Milladoiro, como as súas actividades ao aire libre e nos teatros da cidade.

As entradas para Cabaré de Circo poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo do espectáculo. O prezo das localidades é de 10 euros, cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES